|
A Consellería do Medio Rural na súa
cruzada contra os incendios forestais sempre tivo presente que unha política
coherente de defensa do medio rural contra os incendios non pode ser
implementada de forma aillada, sinon integrándose nun contexto máis amplo de
planificación do territorio e do desenvolvemento rural, comprometendo a todas as
administracións, as personas propietarias de terreos forestais, os agricultores
e agricultoras, as comunidades de montes veciñais en man común, a sociedad do
medio rural e en xeral ól conxunto da cidadanía.
No seu papel de coordinador de todas
as acción preventivas neste senso a Consellería de Medio Rural está a
desenvolver unha serie de acción de divulgación e información co fin de explicar
os pormenores do Decreto 105/2006 e a Lei 3/2007 para a prevención e defensa
contra os incendios forestais en Galicia.
Para levar a cabo esta función e
como apoio á publicación de normativa recente relativa á prevención dos
incendios forestais, a Sociedade Comarcal vai a por en marcha unha serie de
charlas coa finalidade de difundir e explicar os pormenores do Decreto
105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de
incencios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación
de aproveitamentos e repoboacóns forestais e da Lei 3/2007 de 9 de abril, de
prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia, a
última lei aprobada ó respecto pola Consellería do Medio Rural, que contempla
actuacións destinadas á prevención, ordenación e valorización do monte.
Nestas charlas expertos no tema
informarán sobre:
-
Condicións para a limpeza das faixas de
vexetación con perigo de incencidos forestais no entorno das casas e outras
instalacións.
-
Regulación das plantacións forestais a través
do cumprimetno de distancias respecto das casas, fincas e outras
instalacións.
-
Condicións para a creación das “Unidades de
Xestión Forestal”.
-
Comunicacións e autorizacións das
queimas
-
Sancións e procedementos para a denuncia dos
incumprimentos da normativa vixente.
INFORMACIÓN E
INSCRICIÓNS:
A charla será impartida no Centro
Comarcal do Salnés o venres 26 de outubro de 19:30 h. a 21:00
h.
A participación é gratuíta inda que é
precisa unha inscrición previa (prazas limitadas)
A inscrición deberá
facerse no Centro Comarcal do Salnés mediante chamada telefónica ao 986 52
60 13 ou un e-mail a ccsalnes@comarcasdegalicia.com cos seguintes datos: nome
completo, enderezo, teléfono ou e-mail, formación e ocupación
laboral. |