De: Juan Manuel Cernadas [juan.manuel.cernadas@mundo-r.com]
Enviado: jueves, 11 octubre, 2007 6:18 p.m.
Para: Undisclosed-Recipient:;
Asunto: CURSO RETOS SOCIOECONÓMICOS DA XESTIÓN FORESTAL

 

 

O vindeiro luns 15 de outubro as 18:30 dará comezo o curso de "Retos Socioeconómicos da Xestión Forestal" que a A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra organiza ata o 20 de Outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra con máis de trinta persoas inscritas.

 

O obxecto do curso é xerar expectativas de reactivación da actividade forestal nunha comarca devastada pola vaga de lumes do ano 2006 e que pretende dar a coñecer as posibilidades de aproveitamentos do monte dentro da  perspectiva do uso múltiple na consideración de que os condicionantes socioeconómicos da xestión son o elemento esencial para a definición dos usos dos ecosistemas forestais.

 

O curso conta con poñentes de recoñecido prestixio e bagaxe na xestión forestal en Galicia como Jesús de la Fuente Villar, Enxeñeiro de Montes e Xefe de Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra da Consellería do Medio Rural exporá as “Alternativas de xestión sostible “.

 

Nos seguintes días participarán no curso outros nomes ilustres coma:

-     Francisco Fernández de Ana Magán, Enxeñeiro Técnico Forestal, Doutor en Xeografía e Presidente da Asociación Forestal de Galicia falará sobre “A perspectiva da Sanidade Forestal integrada na xestión “.

-     José Represas, Diplomado en Ciencias Empresariais, Directivo de Comunidade de Montes e ex-presidente da Asociación Forestal de Galicia falará sobre “A xestión económica das Comunidades de Montes”.

-    Purificación Lorenzo, Doutora en Bioloxía, exporá as posibilidades do “Aproveitamento micolóxico sostible dun ecosistema forestal”.

-     Xavier Simón, Doutor en Economía dará outra perspectiva do desenvolvemento rural a través da comunicación “Outro rural é posible: o papel dos montes veciñais en man común ”.

-     Esther Merlo, Doutora Enxeñeira de Montes, exporá as “Perspectivas do mercado da madeira de piñeiro e  de frondosas”.

 

Sendo o sábado 20 a visita o Souto de Paramedela e a Aula de Interpretación da Xestión Forestal Sostible: Viveiro Os Trollos ámbolos dous na provincia de Lugo.

 

Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico adrproderpontevedra@mundo-r.com, ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.