Comunidade de Montes Veciñais en Man Común

Fixó e Portela de  Millarada   (FORCAREI)

 

INFORMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

 

As delegacións provinciais das Consellerías de Cultura e Medio Rural en Pontevedra ofrecen unha serie de actividades que levan como título “Patrimonio no medio” consis-tentes en charlas e visitas en distintos concellos da provincia coa finalidade de divulgar o patrimonio entre diversos colectivos. No outono do 2007 ofértase en  cinco concellos, sendo un deles o de Forcarei, na que a Comunidade de Montes de Fixó e Portela de Mi-llarada é a entidade colaboradora.

 

A charla está concebida como unha exposición amena dun tema relacionado co patrimo-nio arqueolóxico, etnográfico e paisaxístico da nosa comarca e que leva como título      NEVEIRAS E COLLEITA DE NEVE EN TERRA DE MONTES” impartida polo profesor da USC Camilo Fernández Cortizo. O percorrido, complemetario á charla, está ideado nunha ruta de aproximadamente cinco kms e sobre tres horas de duración, sendo o lema “ NEVEIRAS E MÁMOAS DE FIXÓ VINCULADAS AO CAMIÑO REAL. VISITA A GROBAS”. Desenvolveranse os días 21 e 23 de setembro dos co-rrentes.

 

No espacio natural da Serra do Candán o mosteiro de Aciveiro dispoñía de varias nevei-ras subterráneas ( das que sólo se conservan en bastante bo estado as de Fixó de Millara-da). A súa función era transformar a neve, mediante compactación, en xeo. Este lucrati-vo negocio servía para conservalos alimentos e distribuíase a medianas distancias. Pén-sase que o negocio do xeo é consecuencia dos relatos de Marco Polo.

.

Millarada, setembro de 2007.

Charla:

 

Neveiras e colleita de neve en Terra de Montes

 

Impartida por CAMILO FERNÁNDEZ CORTIZO

(profesor de Historia Moderna na Universidade de Santiago)

 

 

Venres, 21 de setembro  -  ás 20:00 horas

Centro Social de Forcarei

 

 

Percorrido arqueolóxico – etnográfico:

Neveiras e mámoas de Fixó vinculadas ao Camiño Real. Visita a Grobas

 

Guiada por DOLORES GIL AGRA (Arqueóloga)

 

 

Domingo, 23 de setembro  -  ás 10:00 horas

Lugar de encontro:

BAR CONQUISTA ( Soutelo de Montes).