A última conferencia do seminario sobre o eucalipto organizado pola APDR
será
o Martes 28 ás 20,30 na Galería Sargadelos.

    A conferencia do Prof. Díaz Fierros versará sobre os efectos dos incendios forestais nos solos e as consecuencias a nivel de erosión.

    Francisco Díaz-Fierros Viqueira é Dr en Farmacia, Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC; foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e na actualidade é Presidente da Xunta Rectora do Seminario de Estudos Galegos e Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.
    É autor de numerosísimos traballos de investigación, director de numerosas teses doctorais e entre outros libros ten publicado un recentemente sobre "A cuestión ambiental en Galicia" (Edit. Galaxia, marzo 2006).
    Pódese destacar o seu compromiso coa cultura galega e o seu traballo tanto na Universidade como no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galiza (CSIC) de Santiago. Os seus eidos de traballo son os aspectos fisico-químicos dos solos, a erosión dos solos, o estudo da escorrentía, os efectos dos lumes sobre os solos, e ademáis todo o que ten que ver cos aspectos do clima.