Os comuneiros de Trabanca-Guillán
organiza unhas charlas en Firefor
Redacción / Vilagarcía
A comunidade de montes de Trabanca-Guillán
organiza unhas charlas dentro da mostra Firefor que se celebra
esta fin de semana no recinto feiral de Fexdega e que estarán
dirixidas ás comunidades de montes veciñais en man común.
O día 14 a inxenieira de montes, Laura Nieto, falará sobre
“Estratexias de xestión dos montes veciñais; mentras que o
catedrático en Dereito Agrario e Dereito Cooperativo, Juan José
Sanz, abordará “O crecimento horizontal e sostenible para o
desenrolo da comunidade rural”. O licendiado en Dereito,
Calixto Escáriz Vázquez ofrecerá o día 15 unha “Reflexión
sobre a situación actual no proceso de devolución dos montes
ós veciños propietarios”; mentres que o presidente da
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, Alfredo
Pereira, disertará sobre “O Proceso de formación das
mancomunidades de montes”.
|