Hola Celso:

Adxunto propostas de posibles actividades a fin de que poidades discutilas na asamblea do día 17. Xa te avanzo que personalmente non poderei asistir, pero trataría de mandar a outro compañeiro de Asefoga (confírmame hora e lugar da reunión).

En todo caso espero que estas notas sirvan para centrar as posibles liñas nas que poderíamos acercar formación e servicios ás CMVMC no marco do actual convenio coa CMA.

Unha aperta e ata pronto.

 Jacobo Feijoo.

Director Técnico Asefoga.

Telf. 981 524329. Fax. 981530862 639630140

asefoga@terra.es

Actividades Formativas:

Podemos plantexar CHARLAS formativas (cada xornada un tema).

Ou CURSOS pódense plantexar de tres ou catro xornadas para un tema específico no que vexades interés.

En xeral ós destinaríamos a veciños comuneiros ou propietarios de montes, pero tamén se podería plantexar formación máis específica, xa orientada a personas con responsabilidade nas Rectoras (Curso de Xestión de Montes Veciñais ou xornadas cun contido máis técnico).

Tamén poderíamos desenvolver actividades educativas en colaboración coas Comunidades e as escolas ou institutos: Desenvolveríamos algún módulo de carácter medio ambiental, ou programaríamos visitas ó monte, para dar a coñecer as caraterísticas e funcionamento das CMVMC ós rapaces (futuros comuneiros), e o papel medio ambiental do Monte e os ecosistemas forestais.

Todas estas actividades formativas e divulgativas serían con coste cero para a Mancomunidade.

En canto a calendarios e horarios para levar a cabo posibles actividades, estamos a vosa disposición para axustar as datas e as horas que garantiran unha maior asistencia dos veciños interesados

 

Outras actividades:

Dentro das actividades do Convenio temos accións para o saneamento da propiedade veciñal (elaboración de planos e informes), colaboración na clasificación dos montes e apoio para a posta en marcha das Xuntas Rectoras que se incorporan a actividade (facilitamos os trámites oficiais, estatutos, inventariación de bens e asesoramento fiscal...), así como facilitar a tramitación das axudas oficiais para forestación, selvicultura e ordenación.

Se algún membro da Mancomunidade ten algún dos problemas anteriores, que non dubide en contactar con nos e comentarnos o caso específico, pois intentaríamos encaixar unha proposta de colaboración no marco do convenio. Desta manera Asefoga podería asumir as accións cun coste prácticamente cero para a Comunidade de Montes (salvo en xeral desplazamentos dos técnicos e alquiler de aparatos de medición topográfica si foran precisos). 

A título informativo tamén te adxunto, en arquivo de word, diversos guiones de formación impartida por ASEFOGA noutras Comunidades de Montes nas que programamos actividades.

XESTIÓN SOSTIBLE DO MONTE EN GALICIA

 

  1. A XESTIÓN SOSTIBLE, AS FUNCIÓNS DO MONTE E O DESENVOLVEMENTO RURAL.

1.1.  Concepto de Xestión Sostible.

1.2.  Xestión Sostible e Desenvolvemento Rural.

1.3.  Instrumentos da Xestión Sostible.

-         Ordenación forestal.

-         Ecocertificación.

 

  1. O MONTE EN GALICIA.

2.1  A Superficie Forestal galega.

2.2  Monte Aberto e arborado en Galicia.

2.3  Principais tipos de masas.

 

  1. FUNCIÓNS PRODUCTIVAS DO MONTE GALEGO.

3.1  Valoración das principias produccións do monte en Galicia.

3.2  Industria de transformación dos productos forestais.

 

  1. FUNCIÓNS MEDIOAMBIENTAIS DO MONTE GALEGO.

4.1  Externalidades ambientais.

-         Protección do medio físico.

-         Biodiversidade.

-         Ciclo hidrolóxico.

-         Fixación de CO2.

4.2  Efectos medioambientais da producción de madeira.

 

  1. FUNCIÓNS SOCIAIS DO MONTE GALEGO.

5.1. O monte galego e o Desenvolvemento Rural.

5.2. Uso paixasístico recreativo.

 

  1. COMPATIBILIZACIÓN DAS FUNCIÓNS DO MONTE A TRAVÉS DA XESTIÓN SOSTIBLE.
TRATAMENTOS SELVÍCOLAS E MELLORAS DO MONTE

 

  1. FORESTACIÓN

1.1  Elección de especie.

1.2  Tratamento da vexetación e preparación .

1.3  Plantación (densidade de plantación, calidade da planta xenética, e morfolóxica).

 

  1. COIDADOS DE MANTEMENTO.

2.1. Desbouzados (finalidade e execución)

- Control da Competencia (primeiros anos).

- Preventivos frente a incendios forestais.

-         Execución dos desbouzados.

2.2 Abonados.

2.3 Tratamentos fitosanitarios (ENFERMIDADES E PRAGAS).

 

  1. TRATAMENTOS SELVÍCOLAS.

3.1. A densidade do monte ó longo do turno.

3.2. Claras e clareos.

-         Finalidade.

-         Tipoloxía (plantacións a marco e repoboados naturais).

-         Execución.

3.3.Podas.

3.2 Tallas de formación.

3.3 Recepado (Frondosas) .

 

AXUDAS Ó SECTOR FORESTAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL

 

 

1.     A política europea de Desenvolvemento Rural e o Regulamento CE 1257/1999.

2.     Axudas á forestación de terras agrarias.

3.     Axudas á mellora de bosques en zonas rurais.

4.     Axudas a Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de montes arborados.

5.     Sistemática xeral das axudas.

RÉXIME FISCAL NAS VENDAS DE MADEIRA NOS PROPIETARIOS FORESTAIS

 

1. Introducción.

2. Réxime de Estimación Obxectiva do IRPF segundo a Orde 2571 do Ministerio de Economía e Facenda do 10 de febreiro de 2000.

3. Réxime de Estimación Directa do IRPF.

4. O IVE nas operacións forestais.

4.1 Réxime Especial da Agricultura Gandeiría e Pesca do IVE.

4.2 Réxime Xeral do IVE.

5. Exemplos prácticos de aplicación.

5.1 Exemplo de Estimación Obxectiva do IRPF.

5.2 Exemplo de Estimación Directa do IRPF.

5.3 Exemplo de recibo de compra-venda de madeira. 


RÉXIME E OBLIGACIÓNS FISCAIS NAS CMVMC

 

1. As CMVMC e o Imposto de Sociedades.

2. O IVE.

2.1 Réxime Especial da Agricultura Gandeiría e Pesca.

2.2 Réxime Xeral do IVE.

3. O IRPF.

4. O NIF.

5. Obligacións en Materia de Retencións e ingresos a conta.

6. Declaracións Informativas que teñen de presentar as CMVMC.

7. A Declaración Censal.

 

XESTIÓN DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

 

1.     Breve Historia da Propiedade Veciñal  e os seus aproveitamentos.

 

2.     Lexislación vixente. Lei 13/1989 e Regulamento de aplicación.

2.1 Características da Propiedade Vecinal.

2.2 Clasificación de Montes Veciñais. Xurados Provinciais.

2.3 Organización dos MVMC.

2.4 Actos de disposición e enaxenación.

2.5 Deslindes Administrativos.

 

3.     Otros Temas de Xestión dos Montes Veciñais.

3.1 Consorcios.

3.2 Convenios.

3.3 A Política de Desenvolvemento rural da U.E. Axudas.

 

4.     Impostos e Fiscalidade na Lexislación Actual.

 

COGUMELOS DA COMARCA

 

1.      INTRODUCCIÓN

1.1.   DEFINICIÓN DE COGUMELO

1.2.   FORMAS DE VIDA

1.3.   MORFOLOXÍA

1.4.   NORMAS PARA A RECOLLEITA DE COGUMELOS

 

2.      ALGUNHAS RECETAS DE COCIÑA

2.1.   INTOXICACIÓN POR AMANITO-TOXINAS

2.2.   INTOXICACIÓN POR MUSCARINA

2.3.   INTOXICACIÓN POR ÁCIDO IBOTÉCNICO E MUSCIMOL

2.4.   INTOXICACIÓN POR PSILOCIBINA E PSILOCINA

2.5.   INTOXICACIÓN GASTROINTESTINAL

2.6.   INTOXICACIÓN POR COPRINA

2.7.   INTOXICACIÓN MIXTA

 

3.      DESCRIPCIÓN DE ESPECIES MÁIS REPRESENTATIVAS

3.1.   Amanita muscaria e Amanita phalloides

3.2.   Lepitota procera

3.3.   Agaricus arvensis e Agaricus campestris

3.4.   Coprinus comatus e Coprinus atramentarius

3.5.   Lactarius deliciosus

3.6.   Cantharellus cibarius

3.7.   Boletus badius, Boletus pinicola, Boletus edulis, Boletus erytrhopus

3.8.   Fistulina hepática

 

4.      CONSERVACIÓN DE COGUMELOS

4.1.   INTRODUCCIÓN

4.2.   FORMAS DE CONSERVACIÓN

 

5.      RECEITAS BÁSICAS

 

SISTEMAS DE XESTIÓN DO GANDO NO MONTE

 

1.     Gando e aproveitamentos forestais.

2.     Fixación dos obxectivos da producción forestal e de pasto.

3.     Cálculo da carga gandeira.

4.     Manexo do gando no monte.

Gando vacún.

Gando cabalar.

Ovellas e cabras.

5.     O pastoreo rotacional.

6.     Gando no monte e gandeiría ecolóxica.

 

BLOQUES ESPECÍFICOS DE SELVICULTURA

1.     Selvicultura das coníferas (Piñeiros radiata, pinaster e de Oregón).

2.     Selvicultura da frondosas.

3.     Selvicultura do eucalipto.