
Organización
Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
ORGACCMM
Estimado/a
Presidente/a da Mancomunidade de Montes de ... :
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
(ORAGCCMM) ponse en contacto con vos para informarvos da Campaña que
queremos iniciar para dar a coñecer a figura do Monte Veciñal en Man Común,
ese ben que recibimos dos nosos antepasados e que debemos deixarllos ós nosos
descendentes nas mellores condicións posibeis, e pornos a vosa disposición se
estades interesados en facer esta campaña na vosa Mancomunidade de Montes.(Tfos.
do Presidente da Organización : 649.137.135 e 986.35.42.48).
Esta campaña “Para Coñecer o Monte Veciñal en Man Común”,
consta de tres liñas de actividades:
1).- CURSOS DE FORMACIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES (Destinado a
membros das Xuntas Rectoras e veciños/as comuneiros/as)
2).- XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE (Destinadas ós veciños/as
comuneiros e a cidadanía en xeral, mediante o formato de Mesas Redondas)
3).- CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN FORESTAL (Destinadas a nenos e nenas
en idade escolar e a celebrar no día do árbore ou no día do medio ambiente)
NOTA: Acompañamos a este escrito os esquemas das liñas de actividades.
RECIBE un cordial saúdo
O Pte. da ORGACCMM
Asdo
-Xosé Alfredo Pereira-
Val Miñor, a 8 de Decembro do 2.002
1).-
CURSOS DE FORMACIÓN PARA COMUNIDADES DE MONTES
1-1).- NORMATIVA BÁSICA
-Lei de Montes Veciñais de 1.968 e o seu Regulamento de 1.970
-Lei de Montes Veciñais de 1.989 e o seu Regulamento de 1.992
-Servidumes, ocupacións e expropiacións
-Lexislación colateral (costas, estradas, minas, de medio ambiente, caza, solo, ...)
1-2).- CARACTERÍSTICAS DO MONTE VEVIÑAL EN MAN COMÚN
-Breve Istoria do Monte Veciñal en Man Común
-Qué son os MVMC
-Quénes son os veciños ou veciñas comuneiros
-Qué son as Comunidades de MVMC.
1-3).- FUNCIONAMENTO DAS CMVMC
-Proceso para a recuperación dos MVMC
-Legalización da Comunidade Veciñal
-Libros oficiais da CMVMC
-Compromisos da Administración Forestal de cara as CMVMC
-Órganos de goberno das CMVMC e as súas funcións
-Extensión de Actas e Certificados
-Consorcios, Convenios e montes libres
-Subastas de madeira
-Plans Técnicos e Plans de Ordenación
-Liñas de Subvencións
1-4).- ACTUACIÓNS DAS CMVMC
-Traballos Selviculturais (desbouces, podas, clareos, ...)
-As tres funcións clásicas do Monte Veciñal
-A Compatibilidade dos diversos usos das tres funcións
-Condicionantes e eivas para o funcionamento das CMVMC
-Relacións Monte-Desenvolvemento rural e local-
1-5.- RÉXIME FISCAL DAS CMVMC
-Concepto do Imposto de Sociedades e calendario fiscal.
-Libros de Contabildade e Código de Comercio
-Compromisos das CMVMC neste Imposto
-Siñificado da aplicación deste Imposto ás CMVMC
-Outras alternativas fiscais máis favorabeis á figura do MVMC
2).-
XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE
2- 1).- O Monte Veciñal en Man Común: Propiedade especial de Galicia
2- 2).- As funcións do Monte Veciñal en Man Común
2- 3).- Monte Veciñal en Man Común e Desenvolvemento Local e Rural
2- 4).- Os aproveitamentos múltiples do Monte Veciñal
2- 5).- Monte Veciñal e recursos endóxenos
2- 6).- O Monte Veciñal e o Cooperativismo
2- 7).- Montes Veciñais Costeiros e Periurbans
2- 8).- Monte Veciñal e Equipamentos Públicos
2- 9).- O Monte Veciñal e a Parroquia
2-10).- As Mancomunidades de MVMC: Formación e Xestión
2-11).- O Asociacionismo Forestal
2-12).- A Xestión Sostibel do MVMC
2-13).- O Sector Forestal Galego
2-14).- A Política de Montes axeitada
2-15).- A Forestación de Terras agrarias e agrícolas
2-16).- A Rede Narura 2000 e os MVMC
2-17).- Os Lumes Forestais: Situación e alternativas
2-18).- O Aproveitamento do gando ceibe nos MVMC: Situación e alternativas
2-19).- Outros Aproveitamentos do Monte: Cogumelos, Apicultura, Froitos, Prantas Aromáticas.
2-20).- A Caza: Un Aproveitamento do Monte usurpado
2-21).- A Concepción do MVMC como Reserva de Chan barato
2-22).- A Enerxía Eólica: Negocio das Empresas ou Aproveitamento do Monte Veciñal
2-23).- O MVMC e o Turimo Rural e Natural
2-24).- A Fiscalidade do MVMC. Imposto sobre Sociedades e Alternativas axeitadas
3).-
CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN FORESTAL
3- 1).- CHARLAS INFORMATIVAS SINXELAS
-Monte Veciñal en Man Común: propiedade especial
-As funcións do MVMC
-A fauna e a flora do seu monte
-As especies arbóreas do seu monte
-A plaga dos lumes forestais
-Coidemos o monte para que teña continuidade
-Nenos e nenas de hoxe, comuneiros do mañá
-As saídas laborais do sector monte
3-2).- PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS
-A Natureza dende a Escola (video)
-Traballos Selviculturais (filminas)
3-3).- SAÍDAS Ó MONTE PARA:
-Prantacións de árbores
-Ver traballos de desbroces, poda e crareos
-Recollida de follas para facer un erboario
-Recorrido por rutas de sendeirismo
-Recollida de toponimia do monte
E MÁIS NADA, POLO DE AGORA