CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A COMUNIDADE DE MONTES V.M.C DE __________________________ E O CENTRO PÚBLICO ___________________

 

 

En _____________ , a ___ de __________ do ________

 

 

 

 

REUNIDOS

 

 

 

Dunha parte:

 

D. ___________________________________, Presidente da Comunidade de MVMC de _____________________________________, en virtude da competencia outorgada pola entidade que representa e dacordo coa lexislación vixente.

 

Da outra:

 

D. ___________________________________, Director do Colexio ________________________, en representación da institución pública educativa que dirixe.

 

Ámbalas partes recocécensa coa plena competencia e capacidade para asina lo presente CONVENIO DE COLABORACIÓN e

 

 

EXPOÑEN

 

 

Primeiro: Segundo a Lei Orgánica de Participación, Avaliación e Goberno dos centros públicos de ámbito non universitario, estos centros poderán establecer convenios de colaboración con entidades de carácter público ou privado que contribúan a potencia-las actividades escolares.

 

Segundo: Que o Proxecto Educativo do Centro (PEC), presentado e aprobado polo Centro Escolar no inicio do curso 1989-99, fixa, entre outros, o obxetivo de levar a cabo este tipo de convenios e acordos con entidades do contorno de ________________ .

 

Terceiro: O ensino deseñado nos proxectos curriculares de tramo obligatorio, Primaria e Ensini Secundario Obligatorio, fai referencia ós contidos das áreas de coñecemento do medio social, natural e cultural (PRIMARIA) e ciencias sociais, ciencias naturais, física e química, bioóxía e xeoloxiía e ciencias medioambientales (ESO) que poden atopar como un bó medio de observación, experimentación e estudio ós proprios montes e comunidades do contorno.

 

Cuarto: que a CMVMC de _______________________ , está interesada en poñer en coñecemento da Comunidade escolar (alumnado, profesorado, pais-nais, persoal de servicios e representación do Concello de ______________ ) as súas actividades, así como o espacio territorial que representa como medio cultural, etnográfico, istórico, antropolóxico, medioambiental, ecolóxico e social.

 

Quinto: que esta CMVMC quere ser partícipe dos proxectos educativos de todo tipo que leva a cabo este Centro Escolar.

 

Por isto ámbalas dúas partes ACORDAN  suscribir este Convenio de colaboración que será sometido a refrendo polos órganos competentes  de máxima representación das dúas institucións, dacordo coas seguintes

 

CLAÚSULAS

 

Primeira: Este Convenio ten por obxeto desenvolver actividades que potencien os motivos expostos anteriormente.

 

Segunda: Ámbito de aplicación: Este convenio exténdese ó espacio territorial e de actuación da CMVMC e as competencias do Centro Escolar, entendendo que a colaboración pode abrangue-las actividades lectivas, extraescolares e complementarias que desenvolva este centro en calquera comunidade, pais ou estado.

 

Terceira: No Plan Xeral de cada curso escolar proxectaranse as actividades que se deberán desenvolver ó abeiro deste convenio-acordo.

 

Cuarta: A CMVMC farase cargo daquelas partidas económicas que costeen os importes das mactividades que se proxecten  ou axuden a financia-las mesmas , dacordo coas súas posibilidades económicas e en consonancia coa lexislación vixente e os acordos dos órganos que correspondan.

 

Quinta: O Centro escolar informará favorabelmente calquera actividade que leve a cabo a CMVMC dentro das instalacións escolares deste Centro, sempre que se faga dacordo coa lexislación e a autorización da Delegación Provincial da Consellería de Educación e OU.

 

Sexta: O seguimento deste convenio corresponde ó Consello Escolar do Centro e a Xunta Rectora da CMVMC.

 

Sétima: Este convenio terá vixencia namentres non se denuncie por algunha das partes asinantes e poderá ser obxeto de modificación a proposta de calquera das partes, sempre que esta proposta fora aprobada.

 

Oitava: Este convenio poderá lugar a outros acordos que se poideran suscribir dacordo co estipulado neste.

 

                        E en proba de conformidade asinan o presente convenio: