A parroquia contará
cun edificio social
Un vial enlazará a San Salvador de
Meis cunha estrada provincial
Redacción • Meis
 |
| O alcalde de Meis,
José Luis Pérez Estévez, no Consistorio |
A parroquia de San Salvador de Meis estará unida cunha estrada
provincial, o tramo que vai cara Barrantes, por medio dun vial
que se construirá no entorno da igrexa.
Así llo confirmou onte o alcalde deste concello, José Luis
Pérez Estévez, quen explicou que a obra poderase materializar
gracias a un acordo acadado entre o propio Concello e a
Comunidade de Montes de San Salvador.
Inicio neste mesmo ano
O inicio dos traballos aínda non ten data xa que antes ámbalas
dúas entidades deben poñerse dacordo na cantidade económica a
aportar. Eso sí, calculou que as obras comezarán este mesmo
ano.
Asemade, Pérez Estévez avanzou que esta parroquia tamén
contará cun centro social para os veciños da zona.
Construirase sobre un terreo de 1.200 metros cadrados que
adquirirá o Concello. Ademais, este espacio contará cun parque
infantil para os máis pequenos.
O rexedor de Meis calcula que o conxunto dos traballos custará
uns 120.000 euros, uns 20 millóns de pesetas.
“O local social resolverá o problema de servicio que
necesitan os veciños desta parroquia para reunirse e celebrar
diferentes actividades”, dixo o alcalde.
|