Asunto: CMVMC San Martiño do Grove
Celso
Milleiro Fariñas
Presidente da Mancomunidade de MVMC CASTROVE-SALNÉS
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)
Tfo. 607.89.54.10
cmilleiro@terra.es
A
decisión do Delegado da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra de convocar
unha ASEMBLEA en San Martiño do Grove ca fin de nomear unha xunta provisional
da Comunidade de Montes ten causado estupor nas Comunidades de Montes da zona
coñecedoras das circunstancias de dita Comunidade. Estupor nos primeiros
intres, pois, despois dese sentimento, trocouse en indignación pola ilegalidade
manifesta desa actuación.
Por
Lei, a Delegación só pode convocar Asemblea no caso que, despois de tres meses
da CLASIFICACIÓN do Monte da Comunidade, os promotores da CLASIFICACIÓN non a
teñan constituido..., e a Delegación cónstalle que ese paso xa foi dado como
tamén todos aqueles que levan a constituiren unha Comunidade oficialmente
correcta segundo os parámetros da Lei.
Estamos
diante dun caso no que as sospeitas de PREVARICACIÓN E FALSIDADE EN DOCUMENTO
PÚBLICO teñen moitas posibilidades de se probar posto que existen documentos
rexistrados na Delegación que proban o coñecemento desas circunstancias.
Cando
no primeiro parágrafo falaba de indignación por parte das Comunidades faciao
polo feito de ver esmagada a Lei e o temor de que houbera máis decisións dese
tenor que sementarían a vida das Comunidades de liortas internas e xudicialicen
ainda máis ás Comunidades.
Esta
Mancomunidade, estatutariamente, ten a obriga da defesa das Comunidades e en
virtude do mesmo temos iniciado accións conducentes a camiñar polos roteiros da
legalidade:
-Van como adxuntos desta nota os
primeiros pasos que se teñen dado:
-RECURSO DA CMVMC DE SAN MARTIÑO DO
GROVE Á DELEGACIÓN
-ESCRITO DA MANCOMUNIDADE Ó DELEGADO
-ESCRITO DA MANCOMUNIDADE Ó
CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
Repito que estamos diante dos primeiros pasos pois non pararemos até que as responsabilidades, tanto da Aministración como se as houbera personais, fiquen depuradas.