MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

CASTROVE-SALNÉS

 

 

Asunto: CMVMC San Martiño do Grove

 

Sr. Delegado da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra:

 

            En relación co tema do asunto teño o gusto de lle EXPOR as seguintes consideracións:

 

1)                           A CMVMC de San Martiño do Grove perteñece á nosa Mancomunidade como consecuencia da súa aprobación da petición ingreso que a Asemblea Extraordinaria da Comunidade do 23 de Maio do 2.003 orixinou.

2)                           Dado que para ingresar na nosa Mancomunidade, decordo cos nosos Estatutos, é preciso que  Teñen que ser Comu­ni­dades legalmente cons­tituidas i estar auto­riza­das para se mancomu­nar polas suas Asam­bleas Xerais”, comprobouse, a máis da solicitude de ingreso, o escrito ó Xurado Provincial de 22 de Marzo do 2.002 no que formaban a súa Xunta Provisional e o de data de entrada 3 de Marzo do 2.003 no que, entre outras cousas, comunicaban a formación da Xunta Rectora, a lista definitiva de comuneiros e os Estatutos da Comunidade.

3)                           Temos coñecemento do escrito, data de entrada 30 de Octubro do 2.003, da Comunidade a esa Delegación en forma de RECURSO DE ALZADA coa petición da declaración da nulidade de pleno dereito da convocatoria pola Consellería de Medio Ambiente dunha Asemblea para a formación dunha Xunta Provisional da Comunidade.

4)                           Polas edicións do lus, 10 de Novembro do 2.003, dos xornais Faro de Vigo e a Voz de Galicia constatamos que a dita Asemblea convocada por esa Delegación tivo lugar.

5)                           Os nosos Estatutos: “ARTIGO 3.- A Mancomunidade velará para que as Administracións cum­pran cos compro­misos que lles sinala a Lexislación vixente en cada mo­mento. Demandará da Administración a participación naquelas decisións que teñan que ver, dalgun xeito, cos Montes Veciñais en Man Común.”

6)                           O Artigo 35 do Regulamento vixente: “Convocatoria.: Transcorridos os tres meses previstos no artigo 33 sen que se constituíse a xunta provisional, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a través do seus órganos provinciais, convocará a xuntanza para a súa constitución no prazo máximo de tres meses.”

 

Por todo ilo,

 

Se SOLICITA por esta Mancomunidade, dado que en tiempo e forma, non só a C.M.V.M.C de San Martiño do Grove formou a Xunta Provisional senón que do mesmo xeito rematou as tarefas encomendadas a dita Xunta Provisional, se anule a convocatoria desa Delegación e fiquen sen efecto as consecuencias de dita convocatoria.

Por otra parte, esta Mancomunidade, tal como dí o RECURSO DE ALZADA presentado pola Comunidade, “en el improbable supuesto de que no se proceda a la suspensión de la misma, se entendará se procede por esa Consellería de forma DOLOSA Y MANIFIESTAMENTA INTENCIONADA”, denunciará o cometimento das infraccións penais que procedan como poden ser a falsidade en documento público e a prevaricación.  

 

É xustiza que pido en Meis a 10 de Novembro do 2.003.

 

                                         O Presidente de Mancomunidade de MVMC Castrove-Salnés

 

 

 

 

 

                                                                       -Celso Milleiro Fariñas-

Celso Milleiro Fariñas
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)

Tfo. 607.89.54.10
cmilleiro@terra.es
Presidente da Mancomunidade de MVMC CASTROVE-SALNÉS