Celso
Milleiro Fariñas
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)
DNI
9.605.680 Y
cmilleiro@terra.es
Secretario da CMVMC
de San Vicente de Nogueira
Presidente da Mancomunidade de MVMC do Noroeste de
Pontevedra
En relación cas informacións, caseque a cotío, encol da aptitude da Mancomunidade de CMVCM do Noroeste de Pontevedra teño que manifestar o seguinte:
-Este Presidente non está facultado, para tomar decisión algunha encol do contencioso INTERNO da CMVMC de San Vicente do Grove. Consecontemente non tomei decisión.
-Na mañá do próximo domingo, día 20, terá lugar unha xuntanza da Rectora da Mancomunidade na que se tratará o tema e, posibelmente, farase un comunicado.
Por outra banda, a Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) emite o seguinte COMUNICADOINFORMATIVO:
|
|
Organización Galega de Comunidades
de Montes Veciñais en Man Común |
COMUNICADO INFORMATIVO
Diante do problema xurdido na CMVMC de San Vicente do Grove e da súa repercusión nos medios de comunicación nos que aparece o nome da nosa Organización, a ORGACCMM quer manifestar publicamente:
1)- A ORGACCMM non ten como ouxetivo fiscalizala vida interna das CMVMC. É máis, nos seus Estatutos figura o respecto á vida propria de cada CMVMC.
2)- A ORGACCMM mantén relacións cas Xuntas Rectores das CMVMC legalmente constituidas e estas son elexidas polos veciños e veciñas comuneiros reunidos en Asemblea Xeral. Mesmo, en casos conflictivos, a leximitación das Xuntas Rectoras das CMVMC pasa pola Consellería de Medio Ambiente ou pola Xustiza, nunca pola nosa Organización.
3)- Parécenos que o xeito máis adecuado para resolver conflictos internos das CMVMC é o diálogo e a democracia, máxime cando se está a defender o MVMC que tantos enemigos externos ten. Pero esta é una opción que teñen que tomar os veciños e veciñas comuneiros en cada caso.
4)- Lamentamos que os medios de comunicación se fagan eco somentes das liortas internas das CMVMC e non, por exemplo, da loita que, dende sempre, levou adiante a CMVMC de San Vicente do Grove pola defensa do MVMC contra intereses urbanísticos e especulativos que querían arrancar o MVMC ós seus lexítimos donos.
Asinado: O Prnte. da ORGACCMM -Xosé Alfredo Pereira Martínez- Galicia, a 15 de Outubro do 2.002