UNITEGA

Ctra. de Cerdedelo Nº 41, Laza 32620 - OURENSE

UNITEGA ANALIZARA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA A SITUACION ACTUAL DA RESPONSABILIDADE NOS ACCIDENTES DE TRAFICO 

A Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) celebrará o próximo día 19 de xullo ás “X Xornadas polos Dereitos da Caza” na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia de Santiago de Compostela (Rúa Sánchez Freire Nº 64, baixo dereita) ás 16:30 horas.

 A Xornada dividirase en dúas charlas monográficas, estando a primeira dedicada á situación actual da responsabilidade dos Tecores nos accidentes provocados polas especies cinexética, e a segunda, aos riscos sanitarios derivados da práctica da caza (enfermidades transmitidas polas garrapatas, no manexo dos animais cazados e no consumo da súa carne).

 Os poñentes da Xornada serán o Presidente da Sección 6ª da Audiencia Provincial da Coruña, o Ilmo. Sr. Maxistrado D. Angel Pantín Reigada; e o Presidente da Asociación do Corzo Español (ACE), o Veterinario D. Gerardo Pajares e Bernaldo de Quiros.

 Ao finalizar cada unha das charlas abrirase un coloquio entre os asistentes, xa que os temas tratados son de gran interese tanto para os Tecores, no que respecta aos accidentes de tráfico, como para os cazadores e os gardas de caza, xa que na primeira das charlas farase unha completa exposición das precaucións que debemos tomar na práctica cinexética para evitar os contagios dos parásitos e das enfermidades das pezas cazadas; así como do xeito en que debemos actuar en caso de sufrir unha picadura dunha garrapata, e que pola experiencia obtida nas xornadas que UNITEGA celebrou os pasados anos 2007 e 2008 noutros puntos de Galicia, non son as que todos coñecemos, o que pode supor un incremento do risco de contaxios debido á nosa ignorancia.