De: xesus lopez
[xesuslopez@terra.es]
Enviado: miércoles, 23 de marzo de 2005
0:15
Para: Celso Milleiro
Asunto: 11605940.jpg
Pontevedra, 23.3.2005
Estimado Celso:
Onte pola mañá estiven a falar cun comuneiro de Pazos que me
contou a idea que teñen de cederen dúas hectáreas do monte pra que os nenos co
colexio vaian conformando un bosco biodiverso. Serían árbores persoalizadas na
medida na que cada un dos nenos e nenas levarían control da súa saúde, do
medre da que lles é asignada en cada caso.
Coido que teñen un proiecto moi claro: facer bosco e, ó mesmo
tempo, deixar parte do monte pró rendemento forestal i económico, que non tería
de ser a base de eucaliptos. Eso, naturalmente halles levar tempo. Pero o feito
de que vaian prantando carballos, liquidámbares, arces, acebos, tilos,
oliveiras... faría posible outra paisaxe, é decir, unha idea coa que eu levo
tempo loitando e que, como sabes, queda exposta nun traballo do 2000 que che
enviei hai pouco, "Paisaxe e Cultura".
O home co que falei, naturalmente, conoce a vosa páxina. E, despois
da conversa, quedei a baduar no sentido de se non sería bo servirlles, mesmo a
través da vosa web, fotografías de paisaxes nas que se aprecie o valor do
cromatismo que se dá en moitos lugares, propoñéndolles ás diversas comunidades e
mancomunidades unha especie de concurso pra ver de cambia-la paisaxe de
Galicia.
Por se a idea che parece boa, hoxe envíoche unha foto adxunta.
Se ves que pode funcionar, enviareiche máis.
Un cordial saúdo, Xesús.
Leida máis de vagar a túa
mensaxe, a idea seméllame excelente, ... o malo é que está páxina só está
cargada de futuro.
O presente non é tan bó. As
propostas de debate que propuxen ó encete do ano non tiveron apenas a
acollida de respostas. Polos froitos sei que o que facemos só é unha
potencialidade, unha semente.
De tódolos xeitos mañá amosarase
a foto (se as fotos teñen título coido que mellor) e, por qué non, no
sucesivo sairán tódalas que remeses.
Un saúdo: Celso