Programa INTERREG da Unión Europea
Froito das conversas que dende hai moitos meses ven mantendo a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) coa Asociación dos Baldíos é, entre outras cousas, a decisión de apadriñar e xestionar a participación das Comunidades de Montes nun programa INTERREG.
O epígrafe no que se quere solicitar a axuda é "Aproveitamentos dos Usos do Monte na óptica da loita contra os lumes forestais". Practicamente baixo esa denominación abrangue case ca todo o que se pode facer no monte. A nosa Organización pensaba que só terían cabida temas relacionados co gando e a biomasa mais, ó remate, consultadas polos portugueses fontes oficiais chegouse a conclusión que a implantación seria dun uso, por exemplo, un camping podería se acoller. Polo tanto a máis dos traballos selvícolas poden ter cabida cousas tais como coutos de cogumelos, ordenacións do gando, etc. Polo visto a filosofía é que todo uso levado adiante é un arma contra os lumes forestais.
A solicitude de subvencións farase ó traverso de calquera das seguintes asociacións Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Sindicato Labrego Galego, e as portuguesas Confederación Nacional de Agricultores e a Asociación dos Baldíos.
No noso caso poden solicitar a subvención: comunidades de montes, mancomunidades, asociacións de gandeiros, etc.
O territorio obxeto das subvencións é: 1. Sub-região Norte/Galiza composta pelas NUT Pontevedra, Minho-Lima, Ourense, Cávado e Alto Trás-os-Montes (sector norte).
A subvención é dun 75% e, a máis, acumulabel a outras que se podan acadar. Non hai topes máximos e mínimos. Hai que ter en conta nos presupostos que si despois saen as obras máis baratas o 25% a pagar por nos e sobor o custo real, máis se sai máis cara, o tope é a cantidade solicitada. Un consello: o presuposto, que é iso: un prosuposto, ten de ir máis alto que o real para non ter problemas despois.
O prazo é curto, hai que telas respostas dos que queran acodir antes do 30 de Abril mais tamén o papeleo é sinxelo: un documento cos dados da asociación solicitamte e do seu representante e un compromiso de contribuir co 25% do proxecto. OS DOUS DOCUMENTOS RECHEARANSE en PAPEIS OFICIAIS QUE PODEMOS FACILITAR E, O MESMO, CALQUERA CLAREXAMENTO: 649.137.135, 607.216.742 ou cmilleiro@telefonica.net.
A cousa é doada só hai que ter unha idea do custo do proxecto e o compromiso sinalado máis arriba.
As asociacións patrocinadoras ditas antes recopilaran a primeiros de Maio toda a documentación para compoñer a solicitude conxunta.
NO CASO DE SEREN CONCEDIDA PODE SER UN GRANDE PULO PARA AS COMUNIDADES.
MIÑA OPINIÓN É QUE PARA FACER FRONTE Ó NOSO 25% HAI TEMPO, ... SE NON SE TEÑEN OS CARTOS HABERÍA QUE ATOPA-LO MODO DE FINANZAMENTO.
Un primeiro paso, o que expliquei, é doado, despois, máis de vagar, pode verse en qué consiste o INTERREG :
Podense ver os antecedentes premendo en DOCUMENTO ÚNICO DE PROGRAMAÇÃO INTERREG III e tamén en COMPLEMENTO DE PROGRAMAÇÃO DOCUMENTO ÚNICO DE PROGRAMAÇÃO INTERREG III A
Repito: para calquera clarexamento, o dito, e tede en conta que pode ser unha grande oportunidade.