(traducido do francés)
CARTA EUROPEA DO BOSQUE DAS COLECTIVIDADES LOCAIS
(Trento (Italia), 23 de outubro do 1.992)
I. BASES DA POLITICA FORESTAL EUROPEA DAS COLECTIVIDADES LOCAIS
Art. 1- A xestión dos bosques das colecividades locais e primordial e de
interese público.
Art. 2- Os obxetivos disa xestión patrimonial son a conservación da
propiedade arborada e a valorización da mesma. Isa valorización debe ter en
conta as funcións económicas, ecolóxicas e sociais do bosque.
Art. 3- O medre das superficies arboradas, a mellora das plantacións, o
aumento da producción forestal e o desenvolvemento do sector industrial da
madeira que tentan disminuiren a dependencia de Europa cara outros terceiros
paises, son os obxetivos da política forestal das comunas e outras
colectividades locais.
Art. 4- A selvicultura e a explotación e transformación da madeira, polos
empleos que xeran localmente, son un medio para loitar contra e éxodo rural.
Reciprocamente, a presencia de poblacións locais activas beneficia ó bosque
doando os medios para a súa xestión e asegurando, dise xeito, o seu
equilibrio e perdurabilidade.
Art. 5- O bosque xestionado aporta unha contribución permanente ó mantemento
do ambiente natural, á seguridade dos habitantes e ó ocio das poblacións. A
continuidade da xestión forestal pode, non embargantes, estar economicamente
comprometida por:
- razóns das consecuencias desfavorabeis do mercado da madeira
dependente
do curso mundial;
-que as melloras ecolóxicas ou económicas a longo prazo sexan en principio
non rendabeis perante moitos anos;
- que as melloras das esixencias particulares de interese público,
especialmente a protección da natureza e o vagar, impriquen o medre dos
gastos ou a perda de ingresos:
-que as catástrofes entrañen unha baixada das rendas por moito tempo.
Nisas situacións revirte na colectividade nacional ou rexional aportar, por
solidaridade, unha axuda financieira ás comunas e outras colectividades
locais propietarias, para permitiren a continuación da xestión forestal e
das misións de interese público que se derivan.
Art. 6- A diversidade do estado dos bosques das comunas e outras
colectividades locais e a necesidade da súa conservación, valorización e
crecemento requiren, alí onde non existen, unha acción de sostemento directo
á xestión financieira baixo a forma de servicios especializados de
asistencia técnica e económica.
II. PROTECCIÓN DO BOSQUE
Art. 7- O bosque europeo, globalmente en crecemento, está, non embargantes,
exposto a amenazas e debe, por conseguinte, beneficirse de medidas de
protección particulares. Isas amenazas proveñen especialmente de:
- a urbanización e mailas infraestructuras;
- os incendios;
- o deterioro debido a polución atmosférica;
- a superdensidade da caza.
Art. 8- O crecemento rápido da urbanización nas derradeiras décadas e a
presión territorial que dilo se deriva, a construcción de novas
infraestructuras de comunicación levan ós bosques periurbans a danos máis
grandes dos que se podería esperar polas obras en sí. No marco das súas
atribucións neste eido, os responsabeis das comunas forestais e doutras
colectividades locais deben tomar tódalas medidas de protección necesarias
nos documentos de urbanismo que iles elaboran. Cando un bosque atópase
afectado pola urbanización, debense impoñer medidas compensatorias ós
beneficiarios dos desmontes.
Art. 9- Na rexión mediterranea, o bosque ten unha importancia particular non
equilibrios ecolóxicos, especialmente no que se refire á protección do solo
contra a erosión, pola súa acción moderadora do clima e polo habitat que
asegura unha fauna variada. Este bosque é moi sensible ós incendios, a eito
relacionados coas visitas do público, que degrada o destruie superficies
considerables. A protección do bosque mediterraneo non se pode facer no
cadro de programas de grande amplitude cuia financiación fica fora dos
medios das comunas e doutras colectividades locais concernentes, as rendas
do bosque mediterráneo son pequenas ou inexistentes. É indispensable que as
axudas públicas, especialmente as comunitarias, non se manteñan senón que
medren: deben se estudiar e poñer en marcha dotacións especiais que permitan
ás comunas e outras colectividades locais protexer e manter o bosque
mediterráneo.
Art. 10- O terreo de matorral mediterráneo debe se converter en bosque.
Antes que ista conversión a protección debe estaren imperiosamente garantida
contra toda degradación especialmente contra os incendios e a urbanización.
Art. 11- Las comunas e outras colectividades locais dan grande importancia a
vixiancia internacional do deterioro dos bosques debido á polución
atmosférica e a continuación dos estudios dos especialistas para reducilos
perxuicios. No que lles concerne, os responsabeis das comunas e outras
colectividades locais forestais comprometense a tomar, nos límites dos seus
poderes locais, tódalas medidas apropriadas conducentes a reduciren a
polución atmosférica.
Art. 12- A reducción dos deteriores dos animais con pezuñas que degradan o
bosque e impiden a rexeración , reside en primeiro lugar na eliminación dos
animais por exceso. Deben se aplicar polas comunas e outras
ccolectividades
locais importantes Plans de regulación selectiva adaptados ás
superdensidades nos bosques afectados que leven ó retorno a unha densidade
aceptable para as comunas e outras colectividades locais propietarias.
Art. 13- A protección dos recursos forestais constitue unha cuestión previa
a toda xestión forestal. Esta misión non pode seren garantida polas comunas
e outras colectividades locais doutro xeito que non sexa un sercicio de
vixianza e gardería eficaz e permanente que asocie a competencia profesional
coa utilización de medios técnicos acaídos.
III. XESTION SELVICOLA E PRANTACIONS
Art. 14- A orientación xeral da selvicultura no bosque das colectividades
locais, agás situacións particulares (bosques de protección, reservas
integrais, etc. ...) ou imposibilidade pasaxeira, debe ser a produccion
forestal de calidade con respecto ás outras funcións do bosque.
Art. 15- As comunas e outras colectividades locais forestais teñen a
vocación de participaren activamente na valorización das terras liberadas da
agricultura facéndose propietaras dos abandonos agrícolas e repoboandoas co
concurso de axudas públicas ou favorecendo un repoboamento planificado.
Estando o abandono agrícola xunguido á política agraria común e sendo
a
repoboación de inerese xeral na ordenación do medio ambiente isas operacións
deberan se beneficiar das axudas comunitarias.
En calquera caso, as comunas e outras colectividades locais forestais
comprometense a respectar a calidade da paisaxe evitando reforestacións
excesivas e recurrindo, se houbera lugar, ás regulamentacións axeitadas.
Art.16- Despois de teren renunciado en certas rexións de Europa levar a unha
xestión metódica as subexplotacións de siglos pasados, é necesario chamala
atención particularmente encol da renovación en materia da elección das
bases e tipo de selvicultura, baixo un plan de adaptación estacional e
ecolóxico, que non será posible frecuentemente máis que facendo sacrificios
económicos.
IV. VALORIZACION DA PRODUCCION FORESTAL
Art.17- Sendo a economía forestal o motor da xestión selvícola é din
interese primordial acadar para a madeira e os outros productos forestais
numerosas e valorizantes saídas. O interese de desenvolvelas utilzacións da
madeira acrecéntase aínda máis polas cualidades ecolóxicas disa materia: a
súa combustión non acrecenta o efecto invernadeiro, su utilización como
madera para muebles a atenua almacenando o carbono, su utilización na
construcción no consume auga e pouca enerxía.
Los responsables das comunas teñen que xogar un papel de primeiro plano
prescribiendo, dentro das súas competencias, recurrir á madeira na
construcción o mobiliario e, no defecto doutra utilización valorizante,
para producir enerxía especialmente de calefacción.
Art. 18- A implantación de empresas de transformación da madeira na
proximidade dos macizos forestais permite disminuiren os custos de
transporte e a criación de empleo nas comunas, contribuindo deste xeito ó
mantemento das poblacións rurais. As comunas e as outras colectividades
locais forestais deben se xunguir para criaren as condicións da criación de
empresas.
V. REPARTO DAS CARGAS DO MEDIO AMBIENTE
Art. 19- No curso das derradeiras décadas, o contexto socioeconómico no que
se sitúa a xestión forestal ten evolucionado profundamente e ista evolución
ten funcionado de tal xeito cas rendas dos propietarios forestais teñen
mingoado regularmente. Iste amingoamento pon en entredito, en diversas
situacións non doadas, a rendabilidade económica da xestión forestal e, xa
que logo, ó acadalo fin dista xestión con tódalas consecuencias nefastas que
iso entraña para as funcións de interese xeral, ecolóxicas e sociais.
Nistas situacións, revite na sociedade en xeral o axudar ás comunas e as
outros colectividades locais participando financieiramente nos gastos que
deben soportaren para permitir o mantimento da xestión forestal.
Catro categorías de bosques atopanse na actualidade nista situación:
- o bosque mediterrános do que xa se
ten falado
- certos bosques de montaña -cando o relieve e forte e a altitude elevada-
ou de zonas desfavorecidas: os custos de explotación e limpeza son
superiores ós ingresos das vendas.
- os bosques nos que a sobrefrecuentación do público en xeral xera custos
prohibitivos
- os bosques víctimas de catastrofes nos que os ingresos se reducen por
moito tempo
VI. AXUDAS PUBLICAS
Art. 20- En tanto que a inversión forestal para mellorar as prantacións e a
súa explotación sexa de interese xeral , tanto dende o punto de vista da
economía coma do medio ambiente, os propietarios forestais deben se
beneficiar de axudas públicas.
Art. 21- As axudas públicas poden tamén se destinar a permitiren os fins
selvícolas na medida en que, en situacións particulares, a soa economía
forestal non o permita.
Art. 22- As comunas e as outras colectividades locais estiman que a
Comunidade Europea debe, complementando os esforzos feitos polos estados
memmbro, atribuiren axudas ós bosques ca fin de garantila súa conservación e
permitila súa xestión nos casos seguintes:
-bosques de montaña, en consideración ó seu papel primordial na protección
do medio e das actividades humans especialmente na agricultura dos vales
cando o presuposto non permite continueren a xestión;
-bosque mediterráneo, en consideración as súas funcións ecolóxicas,
paisaxísticas e sociais cando non se atopan na situación de equilibrio
ingresos/custos;
polo feito dos seus condicionantes externos.
Debense tamén facilitaren axudas para a adquisición e repoboamento das
terras agrícolas abandonadas ás comunas e ás outras colectividasdes locais.
Art. 23- A institución de fondos forestais alimentados por unha contribución
obligatoria deducida da producción forestal constitue un medio eficaz para
valorizalo bosque, aumentalas superficies arboradas en desenvolvelo empleo
da madeira.
As colectividades locais proclaman o seu acordo cos fondos forestais que non
deben ser diferidos e dos que desexan a súa extensión.
VII. COMUNICACIÓN E FORMACION
Art. 24- O descoñecimento xeral das cuetións forestais do público ou, pior,
a adopción irrazonable de mensaxes eróneos poden conduciren a situacións
conflictivas, deica constriccións da xestión perxudiciais. É, pois, esencial
desenvolver cara ó público unha comunicación crara e eficaz.
Art. 25- O carón desta acción inmediata, emprenderase outra acción a prazo
longo no seo das escolas pola inclusión do estudio do bosque e do medio
ambiente nos programas escolares de primaria e secundaria.
Art. 26- Nos niveis comunitario e internacional, a FECOF debe establecer e
desenvolver relaciones permanentes coas organizacións gubernamentais e non
gubernamentais.
Ten a vocación de seren membro do Comité Consultivo da Política Comunitaria
da familia MADERA e de calquera comité consultivo representativo do bosque
ou do medio ambiente que poda ser criado na Comunidade Europea.
Art. 27- A xestión multifuncional do bosque imprica unha adaptación permanen
te da formación dos cadros profesionais.
Por outro lado, os responsabeis das colectividades territoriais,
propietarios ou non de bosques, son e serán cada vez máis dispostos a se
interesaren polo bosque, elemento capital do medio ambiente e da ordenación
do territorio.
Isas extensión das misións recraman competencias novas que deben ser
aportadas por unha formación e unha información específicas.