O impacto das pedreiras.
Carta aberta a F. Aréchaga presidente da Cámara Mineira
de Galiza
.La Voz de Galicia, 11 de
febrero,2008
A mineiria é unha actividade destructiva por natureza porque é unha industria extractiva , non transformadora. Tal como se realiza en Galiza a realidade nos mostra a sua capacidade de destrucción irreversible, por iso parece un insulto á inteligencia e á dignidade das persoas as declaracións de Aréchaga, minimizando o impacto da mesma.Mesmo defendendo a explotación en espazos protexidos. Até agora non se coñece ningún plan de recuperación , ou de corrección de impactos, nas minas do Courel ou do Barco. O Plan para As Pontes , ubicando un lago onde hai trinta anos(só) habia unha mina de lignito non parece craro, pero nos indica a capacidade destructiva desta actividade.
As minas de lousa aproveitan apenas o 1% do que extraen, quer decir que o 91% do material removido son entullos, que caen ladeira abaixo taponando rios e contaminando as suas augas, como acontece có Lor, Laruda, Quiroga, etc. A riqueza permanente que se perde é o cuádruplo da temporal que se xera por causa da extracción mineira. A mineiria en Galiza comercia coa miseria da xente, ofertando postos de traballo mal pagados e en condicios mui dubidosas de salubridade, porque non hai outra opción laboral nas zonas(Quiroga, Folgoso, O Barco). Lembremos que a Canteira da Campa, en Folgoso, acaba de ser legalizada pola Conselleria de Política Territorial, no mes de decembro do 2007. Antes estivo destruindo as montañas do Courel deitando entullos ao rio até eliminar unha fervenza, impunemente, coa disculpa de dar traballo á xente. Parece que ás canteiras convenlles que os habitantes do lugar non teñan outra alternativa laboral. A administración , ten unha grande responsabilidade neste tema e os sindicatos actúan como cúmplices. Desde ADEGA defendemos que o meio pode ser un fornecedor de traballo , de riqueza e de vida, dun xeito perdurable. Está demostrado, con datos ,que un Parque Natural , no Courel deixaria muita mais riqueza que as destructivas minas, tal como acontece noutros lugares como Somiedo. Nesa liña xa presentamos propostas concretas á Conselleria de Traballo.Estamos a levar a cabo unha colaboración có servizo de igualdade para formación e emprego no rural . A mineiria pode ser compatible có coidado do medio, pero non é esa a que se desenvolve na Galiza ainda que, noutros lugares , onde hai maior esixencia ambiental e laboral,si que se fai(Euskadi, Franza, Alemaña) . Non parece correcto estar a recomendar o desenvolvimento sustentable e facer a vista gorda face o desastre do Courel , do Barco etc.As declaracións do Sr.Aréchaga son deshonestas cando afirma que unha estrada ou o tren! Pode ter mais impacto ambiental que as canteiras. Administración e sindicatos deberian implicarse na búsqueda de traballo baseado nos recursos renovables, na seguranza e saúde dos mineiros, e no desenvolvimento real dunha mineiria respeitosa có medio e as leis ambientais e non entreterse criticando aos ecoloxistas sen preocuparse de buscar alternativas laborais dignas para a xente.
Adela Figueroa Panisse