NOVA DESFEITA NO CASTROVE? ... UNHA CANTEIRA NO CUME
O almorzo de hoxe trouxo unha nova abraiante, eramos poucos e ...
O Diario Oficial de Galicia de na súa páxina 7.942 correspondente ó numero 106 e ó día 3 de Xuño do 2.004 fala dun permiso de investigación para granito ornamental a favor de Granitos Milagros, S.L., con enderezo en Outeiro, 3, Amil-Moraña. O texto completo vai nesta nota ó seu remate.
A zona proposta abrangue terreos das Comunidades de Montes de San Salvador de Meis, San Vicente e San Tomé de Nogueira, as tres no Concello de MEIS, e San Xoán de Poio, no Concello deste derradeiro nome.
No aplanado alto do Castrove hai tres cumes: dous deles, O Alto da Serra e O Outeiro dos Corvos, caen dentro do perímetro. A zona escollida ten unha superficie duns 840.000 metros coadrados e mira por un lado o Val do Salnés e polo outro ábrese á Escusa e o val que leva ó Mosteiro de Poio.
No caso da miña Comunidade, San Vicente de Nogueira, a zona a esmagar comprende, a máis do dito Alto da Serra, a Capeliña e a lagoa das que xa falaba o Padre Sarmiento.
Esto de hoxe é unha nota de urxencia. Haberá máis cousas, non o dubidedes. É tamén un S.O.S.
Vai
a transcripción da Resolución do DOGa. que vai asinada por unha persoa
¿sensibel?, Ca
7.942
DIARIO OFICIAL DE GALICIA No
106 L
Xoves, 3 de xuño de 2004
A
Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Granitos
Milagros, S.L.,
con enderezo en Outeiro, 3, Amil-Moraña, presentou nesta delegación provincial
A
designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:
Vértices
Lonxitude Latitude
V1
8º 42’ 40’’ 42º 29’ 00’’
V2
8º 41’ 40’’ 42º 29’ 00’’
V3
8º 41’ 40’’ 42º 28’ 40’’
V4
8º 42’ 40’’ 42º 28’ 40’’
A
solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen
prexuízo de terceiros. O que se fai público, para que, calquera que se
considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles,
ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición
algunha. Pontevedra, 4 de maio de 2004. Ca