Anteproxecto da Lei de Minaría e impactos E A LEI DA MINARÍA SOBRE MINARÍA ORGANIZAN: ADEGA e SINDICATO LABREGO LUGAR: HOSTAL RESTAURANTE TERRA CHA E A LEI DE MINARÍA (VILALBA, LUGO) CÓMPRE ANOTARSE ANTES DO 16 DE OUTUBRO NO LOCAL DO SLG EN VILALBA Rúa Cidade de Viveiro nº 1 ent A Tamén poden chamar aos teléfonos 982 512 431 ou 659 985 308 ou escribir a margaridaprieto@sindicatolabrego.com deixando datos completos e número de telefono. Ficha de inscrición APELIDOS: NOME: TELEFONO: FAX: E-MAIL: ENDEREZO: CÓDIGO POSTAL: LOCALIDADE: ENTIDADE OU SECTOR O QUE PERTENCE: RÉXIME SEGURIDADE SOCIAL (marque cunha x) AGRARIA XERAL AUTÓNOMO OUTROS RESERVA PARA XANTAR O SÁBADO (marque cunha x) SI NON RESERVA PARA HOSPEDAXE A NOITE DO VENRES SI NON (marque cunha x) Vilalba 19 e 20 de outubro de 2007 A ACTIVIDADE MINEIRA E A LEI DE ORDENACIÓN DA MINARÍA Aminaría en Galiza, -tanto de minerais como de rochas-, ten sido dende sempre unha actividade industrial e económica importante, como pode verse aínda polo valioso patrimonio histórico que nos legou, en escavacións mineiras (xa da época romana), fornos de fundición (Vilar de Cuiña, Vilaodrid, a Fornaza, Sargadelos...), cargadeiros de mineral (Viveiro, Ribadeo) e infinidade de ferrerías e mazos por toda a xeografía do país. Pero a minaría foi tamén, -dende a extracción de ouro dos romanos ás minas de carbón de As Pontes e Cerceda, pasando pola minaría do ferro do século XIX, a minaría do wolfran e do antimonio do século XX ou a do caolín, o granito, a pizarra e o cuarzo de hoxe-, un exemplo da espoliación dos nosos recursos naturais por un capital sempre alleo aos intereses de Galiza, de forma que, mentres se apropia dos beneficios, non ten reparo en cargar sobre todos nós os enormes impactos sociais e ambientais dunha práctica que ten demostrado, ademais de ben pouco respecto pola legalidade vixente, un desprezo case absoluto polo territorio e pola xente deste país. Empezar por poñer os recursos mineiros ao servizo de Galiza, pechando aquí todo o seu ciclo produtivo; facer da minaría unha actividade ambiental e socialmente sostible, compatible co resto da actividade económica e coa imprescendíbel protección do patrimonio natural; e acabar cos abusos de lei que a minaría veu practicando nos últimos anos, -dende logo, nunha sospeitosa conivencia coa administración mineira-, tiña, por forza, que ser un dos primeiros cometidos dun goberno comprometido en poñer todas as potencialidades de Galiza a disposición nosa. Estas parece que queren ser as intencións da Lei de Ordenación da Minaría que, unha vez aprobada polo Consello da Xunta, empeza agora o seu trámite parlamentario. Lograr estes obxectivos dende o marco dunha lexislación mineira estatal do 1973, que pon á minaría en situación de prevalencia sobre calquera outra actividade e uso do territorio, e no marco tamén dun continuado desacato á legalidade consentido polos sucesivos gobernos do Partido Popular, non vai ser un doado cometido sen contar coa participación activa de toda a sociedade. Na busca desta participación é que o Sindicato Labrego Galego, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, con quen comparte unha xustificada preocupación polos graves impactos da minaría sobre os usos agrario e forestal do solo, se propuxo organizar estas Xornadas sobre a actividade mineira e a Lei de Ordenación da Minaría de Galiza, sen máis interese que o de compartir co Goberno da Xunta e con todos os parlamentarios e parlamentarias galeg@s o desexo dunha Lei de Ordenación da Minaría que faga desta unha actividade ao servizo do país e respectuosa, pois, coa actividade das nosas explotacións agrogandeiras e coa conservación do noso patrimonio natural. En Vilalba, a 1 de Octubro do 2007 PROGRAMA Venres, 19 de outubro 15:30: Recepción dos participantes. Entrega de Documentación 16:00: Presentación das Xornadas a cargo de Adela Figueroa, presidenta de Adega, e Guadalupe Prado Losada, gandeira de Vilalba e responsable do sector leiteiro do Sindicato Labrego. 16:30: Inauguración a cargo da Consellaría de Innovación e Industria. 17:00: Relatorio Anteproxecto da Lei de Minaría, a cargo de Alba Nogueira López., doutora en Dereito e profesora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago. 18:00: Coloquio. Sábado, 20 de outubro 9:30: Recepción dos participantes. 10:00: Relatorio Anteproxecto da Lei de Minaría de Galiza, a cargp de Xosé Antonio Domínguez Varela, subdirector xeral de Recursos Minerais da Consellaría de Innovación e Industria. Impactos da minaría. Afectad@s 10:30: María Pardo Barbeito. Labrega. Cerceda 10:50: Henar Román Fernández. Gandeira. Abadín. 11:10: Representante d@s afectados das concesións de cuarzo, que Erimsa ten na Terra Cha. 11:30:. Orlando Gregorio Álvarez, de SOS Caurel 11:50 a 12:10: Descanso 12:15: Daniel López Vispo, vicepresidente de Adega 12:45: Margarida Prieto Ledo. responsable do Sindicato Labrego Galego na Terra cha 13:15: Relatorio Transcendencia e impactos económicas da minaría, a cargo de Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía 14:00: Xantar. 16:00: Mesa redonda. Participantes María Pardo Barbeito, Henar Román Fernández, @ representante d@s afectad@s das concesións de cuarzo de Erimsa na Terra Cha, Orlando Gregorio Alvarez, Daniel López Vispo, Margarida Prieto Ledo, Ángel Bernardo Tahoces (portavoz de Industria do Grupo Parlamentario do PP), Carlos Fernando Blanco Parga (portavoz de Industria do Grupo Parlamentario do BNG). 17:00: Coloquio. 18:00 a 18:30: Descanso para que unha comisión elabore unhas conclusións. 18:30: Exposición das conclusións. 19:00: Clausura a cargo de Adela Figueroa, presidenta de Adega, e de Lidia Senra, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. XORNADAS SOBRE A MINARÏA XORNADAS