Na edición de
FARO DE VIGO, do día 18 de xuño de 2002, un "autoproclamado experto en
fiscalidade" da Asociación Forestal de Galicia, adicase a loubar as
bondades do Imposto de Sociedades aplicado os montes veciñais en mán común.
Ser "experto" (¿onde se vende ese título?), non é sinónimo de
estar en posesión da verdade absoluta. A non ser que a súa autoproclamación
de experto lle una o de forofo do pensamento único.
A miña reposta o seu escrito, non é a dun experto en fiscalidade, nen a dun
experto en montes.
É simplemente a resposta dun veciño-comuneiro.
O "experto en fiscalidade" defende a aplicación do Imposto de
Sociedades aos montes veciñais en mán común, por entender (e defender), que
estes son propiedades totalmente privadas.
Cando o monte veciñal en man común, pola súa orixen, pola súa
titularidade e polas súas funcións, son uns bens privados pero colectivos. Uns
bens a cabalo entre a propiedade privada e pública... Son un tipo de propiedade
con características de ben común, de ben social. Baixo esta prantexamento
poderíaselle rebatir con pelos e sinais todos os argumentos do "experto
fiscal"; pero como sería moi extenso limitareime a formularlle públicamente
as seguintes preguntas:
¿Porqué non lle pregunta ós comuneiros e comuneiras nas que as súas
comunidades de montes reperten parte dos seus ingresos, se non teñen que
declarar, e se o caso tributar, ademáis no IRPF?
¿Por qué non fala das responsabilidades civis e penais na que recaen os
membros das xuntas rectoras na tramitación do imposto, cando estes por lei son
cargos honoríficos?
¿Por qué non fala das responsabilidades nas que recaen os veciños e veciñas
comuneiros, cande esta calidade non se adquire, senon que se é?
¿Por qué non fala dos inventarios (inventar algo que está fora do tráfico
do comercio), dos incrementos dos inventarios (polo que hai que facer pagos teóricos),
da estimación de rentas... aspectos do Imposto de Sociedades que son un absurdo
aplicados ó monte veciñal en man común?
¿Por qué defende que os montes particulares teñan unha reducción do 7%
por ser unha actividade irregular e dun 20% se dispoñen de plans de ordenación,
e os montes veciñais non a teñan?
Líbrenos Deus (e o Demo), de certos "expertos fiscais".
Máis de 20.000 veciños e veciñas comuneiros, manifestáronse nestes dous
últimos anos en Santiago en contra do Imposto de Sociedades aplicado ós montes
veciñais.
Xa sei que non eran "expertos fiscais" como vostede. Pero a súa
opinión e cando menos, tan válida como a súa "experta opinión
fiscal".
Latino Rodríguez Areal, Presidente da Comunidade de Montes do Val Miñor