Non
é o mesmo ser "Daniel Rodríguez Cebreiro, experto en
fiscalidade da Asociación Forestal de Galicia" que Daniel
Rodríguez Cebreiro, da Asociación Forestal de Galicia, experto
en fiscalidade; por veces o subconscente afrora malas xogadas.
Vaia por diante que vai outra carta con falla de rigor, posto
que o asinante, como tamén o que cita o experto en fiscalidade,
non ten más título que ser comuneiro que traballa sen lucro
polas nosas comunidades, non persoas que viven nos lombos delas.
Só podemos presumir, xa que non de ciencia, que falamos do que
está a acontecer con total independencia, pois a nosa Organización
só depende de si misma, das Comunidades, e non do humor
caprichoso da Administración que da cartos a quen, como dixo
publicamente un persoeiro voso, ten a "Habilidade" de
acadalos ,..., que eu saiba só hai un xeito de atinxilos con esta
Administración que temos (ou que nos ten): ser boíño.
Só enumerarei o que, ó meu ver, debe ter unha nova
fiscalidade para as CMVMC: simplificación da contabilidade e da
declaración e mínimo axeitado que estea esento de facela
declaración e non o absurdo que está hoxe en vigor: "os
cadavres non teñen que facela declaración".
No que se refire ó sofisma de que se evita a doble imposición
é certo "tecnicamente" (non se pagan dos impostos pola
mesma cousa pero si que se pagan dos impostos sucesivos, a parte
dos comuneiros xa se lle aplicou o tipo de Imposto de Sociedades),
mais tamén é certo que, en xeral e na situación actual, vaise
para as arcas do estado, nas Comunidades que reparten que soen
coincidir con zonas deprimidas e cuns niveis de renda que no
acadan o 45% da renda europea, o 25% do montante a repartir, ¿entenden
isto?, ¿é certo?, ¿non sería máis lóxico que o repartido,
tipo 0% no imposto de Sociedades, formara parte da renda das
persoas e éstas arrancharan as súas contas polo IRPF?, ...
nestas derradeiras condicións, a discusión do tipo é o mesmo:
se queren que poñan o 100%.
No Parlamento, diante das preguntas dos deputados, o goberno
respostou que en cada unha das campaña inmediatamente pasadas
declararon 263 Comunidades, das cales unha era de Ceuta, no sei
cantas noutras rexións, de tal xeito que para nosa nación
ficaban só unhas 200 Comunidades.
Como eu coñezo moitas Comunidades que declararon e que non
perteñecen á Asociación Forestal de Galicia deduzo, con boa
vontade, que da vosa Asociación declararían moitas menos, ...
como sempre leo e oio esa coletilla de "máis de trescentas
Comunidades de toda Galicia" e coidando que para perteñecer
a vosa Asociación pagan a súa cota, e polo tanto por Lei terían
que facer declaración , deduzo que tedes na vosa Asociación máis
dun 80% de defraudadores á Facenda Pública... cando se anda pola
vida de "farol", acontecen estas cousas.
O certo é que na elaboración da Lei non participaron
representantes das Comunidades senón representantes de Organismos
que viven (isto pode ser peiorativo ou lexítimo, a según) das
Comunidades e que se fan cunha representación que non teñen. Se
para acodir a unha simple subvención precísase acordo
asembleario coido que para negociar unha Lei tería que ser
parello.
Resumindo: o intento de meter as Comunidades no Imposto de
Sociedades foi un fracaso declaran 200 de máis de 2.800, máis ou
menos un 7%; só a soberbia e os cipaios manteñen a aberración
¿por qué Facenda non fai nada por poñer remate á inoperancia?
¿Estaríamos, neste intre, a falar de Fiscalidade se non existira
a Organización Galega de CMVMC?
Estou dacordo que o debate ten que se realizar doutro xeito que
una "carta ó director... pensen que se seguen polos mesmos
vieiros acadaran doutra volta os mesmos resultados, ... hai que
lexislar para a realidade.
Celso Milleiro Fariñas, Secretario da CMVMC de San Vicente de
Nogueira
- Meis