Non
é o mesmo ser “Daniel Rodríguez Cebreiro, experto en fiscalidade da
Asociación Forestal de Galicia” que Daniel Rodríguez Cebreiro, da
Asociación Forestal de Galicia, experto en fiscalidade; por veces o
subconscente afrora malas xogadas.
Vaia
por diante que vai outra carta con falla de rigor, posto que o asinante, como
tamén o que cita o experto en fiscalidade, non ten más título que ser comuneiro
que traballa polas nosas comunidades, non persoas que viven nos lombos delas.
Só
podemos presumir, xa que non de ciencia, que falamos do que está a acontecer
con total independencia, pois a nosa Organización só depende de si misma, das
Comunidades, e non do humor caprichoso da Administración que da cartos a quen,
como dixo publicamente un persoeiro voso, ten a “HABILIDADE” de acadalos, ...
que eu saiba só hai un xeito de atinxilos con esta Administración que temos (ou
que nos ten): ser boíño.
Só enumerarei o que, ó meu ver, debe ter unha nova
fiscalidade para as CMVMC: simplificación da contabilidade e da declaración e
mínimo axeitado que estea esento de facela declaración e non o absurdo que está
hoxe en vigor: “os cadavres non teñen que facela declaración”.
No que se refire ó sofisma de que se evita a doble
imposición é certo "tecnicamente" (non se pagan dos impostos pola
mesma cousa pero si que se pagan dos impostos sucesivos, á parte dos comuneiros
xa se lle aplicou o tipo do Imposto de Sociedades), mais tamén é certo que, en
xeral e na situación actual, vaise para as arcas do estado, nas Comunidades que
reparten que soen coincidir con zonas deprimidas e cuns niveis de renta que no
acadan o 45% da renta europea, o 25 % do montante a repartir, ¿entenden isto?,
¿é certo?, ¿non sería máis lóxico que o repartido, tipo 0% no Imposto de
Sociedades, formara parte da renda das persoas e éstas arrancharan as súas
contas polo I.R.P.F.?, ... nestas derradeiras condicións, a discusión do tipo é
o mesmo: se queren que poñan o 100%.
No
Parlamento, diante das preguntas dos diputados, o goberno respostou que en cada
unha das campañas inmediatamente pasadas declararon 263 Comunidades, das cales
unha era de Ceuta, no sei cantas noutras rexións, de tal xeito que para nosa
nación ficaban só unhas 200 Comunidades. Como eu coñezo moitas Comunidades que
declararon e que non perteñecen á Asociación Forestal de Galicia deduzo, con
boa vontade, que da vosa Asociacíon declararían moitas menos, ... como sempre
leo e oio esa coletilla de “máis de trescentas Comunidades de toda Galicia” e
coidando que para perteñecer á vosa Asociación pagan a súa cota, e polo tanto
por Lei terían que facer declaración, deduzo que tedes na vosa Asociación máis
dun 80% de defraudadores á Facenda Pública... cando se anda pola vida de
“farol” acontecen estas cousas.
O
certo é que na elaboración da Lei non participaron representantes das Comunidades
senón representantes de Organismos que viven (isto pode ser peiorativo
ou lexítimo, a según) das Comunidades e que se fan cunha representación que non
teñen. Se para acodir a unha simple subvención precísase acordo Asembleario
coido que para negociar unha Lei tería que ser parello.
Resumindo:
o intento de meter as Comunidades no Imposto de Sociedades foi un fracaso,
declaran 200 de máis de 2.800, máis ou menos un 7%; só a soberbia e os cipaios
manteñen a aberración. ¿por qué Facenda non fai nada por poñer remate á
inoperancia? ¿Estaríamos, neste intre, a falar de Fiscalidade se non existira a
Organización Galega de CMVMC?
Estou
dacordo que o debate ten que se realizar doutro xeito que unha “carta ó
director”, ... pensen que se seguen polos mesmos vieiros acadaran doutra volta
os mesmos resultados, ... hai que lexislar para a realidade.