Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais
 en Man Común
ORGACCMM

COMUNICADO INFORMATIVO

            O Consello de Ministros do Goberno Central ven de aprobar a reforma da Lei sobre o Imposto de Sociedades a Lei do IRPF para o seu envío ás Cortes Xerais ca fín de proceder ó seu debate e posterior aprobación, se procede.

            Nas dúas reformas aprobadas os Montes Veciñais en Man Común (MVMC) seguen sendo considerados suxeitos pasivos no Imposto de Sociedades. É dicir, que o Goberno Central, agora do PSOE, segue mantendo a inxustiza que cometeu o anterior Goberno Central (do PP) cando no ano 1.998 incluiu ós MVMC no Imposto de Sociedades.

            A Organización Galega de Comunidades de MVMC (ORGACCMM):

    -non pode entender este cambio de postura do PSOE, grupo político que, cando estaba na oposición, presentou e defendeu iniciativas parlamentarias para que os MVMC foran sacados como suxeitos pasivos do Imposto de Sociedades por ser éste un imposto inadecuado para a figura do MVMC.

       -Como tampouco pode entender que o actual Goberno Central non tome en consideración un acordo do Congreso dos Deputados que instaba a que se consultara coas entidades representativas das Comunidades de MVMC sobre a fiscalidade adecuada para o MVMC antes de proceder a elaborar as reformas das leises antes citadas (cousa que non fixo). E tamén que incumplise, no mesmo sentido, un acordo que tiña o Director Xeral de Tributos coa nosa Organización (que tampouco fixo).

        -E menos aínda pode entender que o Goberno Central faga caso omiso dun Acordo do Parlamento Galego, tomado por unanimidade, no que se instaba ao Goberno Central a retirar os MVMC de suxeitos pasivos no Imposto de Sociedades e a elaborar unha fiscalidade adecuada ó MVMC.

            Cada vez fica máis claro, para o MVMC tamén, a necesidade da reforma do Estatuto de Autonomía. Unha reforma que contemple como competencias de Galicia todas as relacionadas cos MVMC (réxime de propiedade, aproveitamentos, fiscalidade, ...) dado que o MVMC é un tipo de propiedade que só existe en Galicia.

            ANTE ESTA SITUACIÓN, A ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MVMC (ORGACCMM), ademáis de solicitarlle ós grupos parlamentarios a presentación de iniciativas parlamentarias no debate das reformas da Lei do Imposto de Sociadedes e na do IRPF de cara a lograr unha fiscalidade adecuada á figura dos MVMC, CHAMA ÁS COMUNIDADES DE MVMC a que analicen esta situación de cara a dar de novo unha resposta mobilizadora ca fin de eliminar esta inxustixa que seguen a padecer os MVMC.

En Vigo, 16 de Marzo do 2.006, O Presidente da Organización Galega de CMVMC:

-Xosé Alfredo Pereira Martínez-