A Organización Galega de Comunidades de Montes, (ORGACCMM), acada no Congreso dos Deputados unha boa decisión encol da Fiscalidade: 2.005, ano dunha nova FISCALIDADE axeitada á realidade das Comunidades de Montes?

    Coido que nada que teña valor obtense sen loitar por elo.

    Aínda que a Organización Galega de CMVMC, ela soa, non parou de por todo o seu esforzo en acadar unha fiscalidade axeitada, e iso dende antes de sair a malfadada Lei ACTUAL, non é até a primaveira deste ano por mor das eleccións xerais que comezan a se dar as circunstancias favorabeis para a súa modificación.

    Nada máis cristaliza-lo evento electoral puxémonos en marcha, ... o camiño non podía ser outro que o do Congreso dos Diputados. Explicamos a nosa posición a tódo-los grupos políticos. As cousas dos Pazos van a modiño mái-lo incordio foi froitificando.

    Como dicía, froito do noso insistiren foi establecer conversas co PSOE, concretamente, agradecemollo, co senador por Lugo Luis Ángel Lage Lago. Despois do seu, do senador, traballo, chegouse ó acordo de ter unha xuntanza a mediados do próximo Xaneiro co Vicepresidente Segundo do Goberno, sr. Solbes.

    Por outra banda, tamén mantiveronse xuntanzas co BNG. Ó encete deste mes de Decembro chegouse a decisión por parte do parlamentario Francisco Rodríguez Sánchez de presentar unha Interpelación Parlamentaria Urxente . ... E, efectivamente, feita pola deputada Olaia Fernández Dávila, foi vista no pleno do Congreso dos Diputados na súa sesión do 15 de Decembro. Nela o devandito Vicepresidente amosou a súa disposición a estuda-la modificación. (VE-LA INTERPELACIÓN NO CONGRESO)

    Por mor do acontecido o día 15, tivo lugar no Congreso de Diputados, tamén nun Pleno, o do día 21 de Decembro, a presentación pola mesma deputada dunha Moción. Dita Moción despois dun debate co engadido dunha modificación transacional do PSOE foi aprobada sen ningún voto en contra, 278 a favor e 1 abstención. (VE-LO DEBATE E MAÍLA VOTACIÓN)

Coido que a parte máis suxerente e, a végada, máis trascendente é, textualmente, a seguinte: "...  o Goberno articulará un proceso de diálogo coas organizacións representativas das comunidades veciñais en man común, ..."

VE-LO TEXTO DA MOCIÓN TRANSACIONAL APROBADA