Texto íntegro enviado a Fraga Iribarne:

Diante de todo agradecerlle a resposta a cuestión por mín prantexada.

Non quero facer diste tema un serial na sección "Fraga responde" polo que ista é a miña derradeira intervención.

O fío da súa resposta van as seguintes consideracións coa intención de poñer toda a miña capacidade de síntese:

-Cando se fala de "Réxime especial do Imposto de Sociedades para as CMVMC" a nosa teima é que sexa ESPECAL de verdade: "fiscalidade acaída a realidade das CMVMC", ... ademáis un control de contas.

-Acordo coa definición que se lle vai dando ós gastos sociais.

-Artigo inutil o da non decraración do Imposto para aquelas Comunidades que non teñan gastos ou ingresos; isto é algo así como dicir que os mortos non decraran: sería suficiente ter nun banco unha conta que xerase 1 pta. de interese ou gastar 5 ptas. en fotocopias para a convocatoria da Asemblea anual regulamentaria para ter que declarar.

-TEÑA POR SE SEGURO QUE NON SE ESTA NUNHA CAMPAÑA DE DESCREDITO SENON NOUTRA NO QUE O DITO DE "ACAIDO" E "REALIDADE" TEÑAN LUGAR.

-E esperanzador a súa cita: "Ben entendido que poden existir certos matices susceptibles de mellora nun futuro."

Coido, pois haberá cousas máis importantes, que todo o que ten que ver co imposto de sociedades para as CMVMC estea no seu orde de prioridades nun lugar que non sexa o primeiro, mais para as persoas que estamos dun xeito altruista no día a día das Comunidades é unha fonte de problemas e para moitos de desánimo. As Comunidades de Galicia que son propietarias do 25% do seu territorio e que, vasalas, andan a procura, como Mío Cide, dun bó señor para levar ós Montes a un estado acorde coas suas potencialidades nos eidos social, ecolóxico e productivo, merecen con certa urxencia o axeitamento dos trámites fiscais e contabeis.

Matino que para saber con quén se está tratando, "a realidade", sería suficiente coller ó azar 20 Comunidades clasificadas de Galicia e estudalas..., despois diso conviría o "acaímento".

E como se trata de facer unha pregunta, vou facela sabendo unha parte da resposta: os que andamos na teima somos tamen os que temos sido respetuosos coa a lei:

En relación coa Decraración do 2000 correspondente ó exercicio do 1999:

¿Qué datos existen das decraracións das Comunidades?, ¿cántas?, ¿volume económico?, ¿distribución por provincias?

E máis nada. CELSO MILLEIRO FARIÑAS