tipodeformulario=Carta ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia
Nome=Celso Juan
Apelidos=Milleiro Fariñas
Enderezo=Lg de Caticobas 14 B  36637 MEIS
correio=cmilleiro@terra.es
 Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne:
En decembro de 1998, o grupo do Partido Popular no Senado aprobou unha
enmenda á Lei de acompañamentos dos orzamentos xerais do Estado que
establecia que as Comunidades de Montes Veciñais serian, a partir do 1/1/99,
suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, tributando ó 25%.

Esta inicitiva, que está recorrida ante o Tribunal Constitucional por
considerar-se contraria a dereito, entendo-a moi prexudicial para o bo
desenvolvemento do monte en man común galego, pois equipara as Comunidades
de Montes con empresas mercantis con ánimo de lucro. Isto, alén de ser falso
é inxusto, esquece as importantes funcións que o monte veciñal cumpre dende
os puntos de vista social e ambiental. É significativo que nin a propia
Axencia Tributaria saiba que critérios aplicar ás declaracións das
comunidades de montes, algo lóxico por ser estas entidades xermánicas que
para nada poden asimilar-se con empresas privadas. Como cidadán galeg@ vexo
con preocupación que estes montes, transmitidos de xeración en xeración
como parte do noso feito diferencial, poidan por estas causas caer no
abandono ou en mans de escuros intereses alleos aos veciños e veciñas. É o
noso deber transmitir-lle ás xeracións futuras un monte mellorado, non
hipotecado.


Esixo-lle, como presidente da Xunta e do P.P., que se aplique unha
fiscalidade xusta para o monte veciñal galego, no sentido das propostas da
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común:

-Derogación da normativa que aplica o Imposto de Sociedades ás Comunidades.

-Elaboración dunha lei fiscal acaída polo Parlamento galego,
transferindo-lle as competéncias que fosen precisas.

-Simplificación das formalidades a cumprir polas comunidades.

-Tributación no I.R.P.F. das cantidades repartidas aos comuneir@s e exención
dos investimentos no monte e en obras de interese social.
=secretario de CMVMC de San Vicente de Nogueira-MEIS