Pontevedra, 27.1.2006
Señor Director:
O eucaliptu non é outra cousa que unha hipoteca prós nosos montes. A súa
masiva prantación significou, posiblemente, o cambio a peor da nosa
economía, o abandono de non poucas aldeas. Como ademáis o clúster traballa
ás ordes de Ence, Galicia resulta dobremente escrava, porque parte dos
beneficios da empresa delincuente (delito ecolóxico continuado, sentencia do
4.11.2002) obtéñense do baixo precio fixado a esa madeira.
¿Non sería mellor fixarse un obxetivo claro prós nosos montes? O abandono do
eucaliptu, a súa erradicación, podería sustituírse con árbores doutra
especie ou con gandería extensiva. Se queremos pensar nun turismo como marca
de calidade, na salvación da nosa paisaxe, haberá que comezar a traballar
nesa dirección, apuntada xa polo socialista Miguel Cortizo, hai anos, que
propoñía a eliminación da especie pirofítica nun prazo de 50 anos.
O que se pretende coa idea de mellora-los precios, nun mercado libre, non é
outra cousa que templar gaitas.
Un cordial saúdo,
Xesús López Fernández, DNI. 36.125.237m
Rúa San Sebastián, 21-2ºBC. Pontevedra.