Proposta de Actividades Micolóxicas para nenos e adultos.
Outono 2004
Pola experiencia vivida nestes dous últimos anos da
gran demanda de actividades micolóxicas e a enorme aceptación coa que se
reciben as nosas actividades, este ano queremos adiantarnos á época de outono e
ofertarvos algunhas ideas de actividades posibles con nenos e adultos.
Pódense facer moitas cousas, con diversos
orzamentos.
Dende Hifas da Terra agradecemos o derroche de
ilusión có que nos veñen agasallando os organizadores de eventos dos distintos
Concellos, Fundacións de Desenvolvemento Comarcal, Oficinas Agrarias e
Asociacións, nós pomos o resto.
Estas son unhas ideas, polo demáis, todo é posible
Consiste en catro días adicados a temáticas novas sobre o mundo da micoloxía, acompañada e ilustrada con presentacións proxectadas, prácticas de elaboración dun saquiño productor de cogumelos e o último día cun curso interactivo de cociña de cogumelos.
Temas:
Día 1º Introducción ó máxico mundo da micoloxía,
xeralidades, consellos de apañado no monte, resposta a preguntas que interesan
á xente como:
Día 3º Mellora a
productividade micolóxica dos teus montes. A Micorrización. Esta
conferencia sería sobre as distintas técnicas silvícolas a aplicar para
mellorar a productividade dos montes en cogumelo e madeira e froito (no caso do
castiñeiro). A micorrización como sistema de protección radical e equilibrio
nas plantas de viveiro e de producción de cogumelos silvestres en planta
adulta.
Cómo micorrizar a súa parcela e obter cogumelos
silvestres no outono.
Día 4º O cultivo de cogumelos na casa. Aprenda a
ter o seu propio cultivo de cogumelos na súa casa e coma seus cogumelos recén
colleitados.
Cultivo no xardín de especies como a Zarrota (Macrolepiota
procera) ou Coprinus comatus.
Facemos a práctica de facer un saquiño productor de cogumelos por discente que levarán para a casa.
A xornada da moito xogo de toma de contacto e
relación entre os asistentes. Ademáis, o feito de levar un saquiño para a casa
supón un recordatorio durante moito tempo da actividade, e de historias para
contarse de cómo lles vai o “filliño” cada vez que se atopan.
Esta é unha actividade con moi boa publicidade para o organizador das xornadas, xa que vai dar moito que falar.
5º Día Cociña interactiva: “ Degustando cogumelos e castañas”
Esta xornada adícase a achegar ós discentes ó mundo dos cogumelos dende outra perspectiva, degustándoos.
É unha xornada moi divertida na que a xente colabora activamente, elaboran os platos baixo as direccións que se lles van proporcionando. Os profesores somos os directores dunha deliciosa orquesta.
O resultado é unha xornada alegre, de aprendizaxe, xuntanza e comilona a base duns ingredientes “recén descubertos” en moitos casos, e noutros xa máis experimentados, supón unha aportación de novas ideas.
Vai
acompañada de explicacións do manexo dos cogumelos e de pequenos trucos na
cociña.
Disporemos de cogumelos
cultivados Plerotus ostreatus, P.
citrinopileatus, Shii- Take Lentinus edodes, e atendendo a dispoñibilidade
de cogumelo silvestre podemos utilizar distintas variedades de Boletus, Cantharellus,
níscalo (Lactarius deliciosus)....
Para petiscar;
Shii
– Take á
prancha
Pleurotus “petit” empanados
Revolto de cogumelos e ovo sobre unha nube de queixo
Para comer;
Solomillo de terneira bañado en salsa de Pleurotus
con castaña
Shii-take con solomillo de boi
De postre;
Marmelo de Cantharellus cibarius
O remate da xornada se agasalla a cada
participante cun recetario de cociña de cogumelos para que non
teñan que andar tomando notas e podan estar “coas mans na masa”.
Esta
xornada gastronómica con degustación precisa de tres a tres horas e media para
a súa elaboración.
Para
os lugares onde xa fixemos a Xornada de Cociña propomos:
1ª
Xornada de Cociña. Introducción ó mundo da cociña micolóxica “Degustando
Cogumelos ”
2ª
Xornada de Cociña. Perfeccionando a cociña dos cogumelos, da castaña e dos
froitos do bosque ”Degustando Cogumelos, Castañas e froitos de bosque”
Para
petiscar:
Boletus
confitado
Boletus
crunch rociado de paté, sobre tostas
Rocas
de castaña
Para
comer:
Peituga
de polo bañado en salsa de pleurotus, améndoa fina, noz e castaña acompañado
con puré de mazá.
Terneira
fina con cantharellus, mel e puré de castaña
De
postre:
Tarta
fría de queixo e chantarela.
3ª
Xornada. Concurso de cociña entre os
participantes ás Xornadas
“ Aporta as túas ideas, Cogumélanos
”
Estas
son as frases que nos adican os amigos que imos facendo na nosa andaina
profesional:
“Quixéramos
ser cogumelos para que falarandes de nos có mesmo mimo có que o facedes destos
outros seres vivos” Ana.Organización do Centro
Social. Casa Rosada. Concello de Poio
“Supón
o verdadeiro despertar ó mundo da micoloxía”
Elsa. Xerente da Axencia de
Desenvolvemento Comarcal de Chantada
“Es
una pasada”
Ana. Organización do Centro
Social. Casa do Peso. Concello de As
Pontes
“Un
éxito rotundo”
Susana. Organización do Centro Social. Casa do Peso. Concello de As
Pontes
“Unha
forma exquisita de cociñar cogumelos”
Josefina. Xerente da Axencia de Desenvolvemento
Comarcal de Terra de Caldelas
“Es
como un gol desde media cancha”
Ángel. Cociñeiro profesional.
Encargado da Degustación popular na Feira de As Pontes 2004
Xogos para nenos “O
bosque encantado”
O bosque encantado consiste nunha tarde de xogos
relacionados co medio ambiente, no que o neno se introduce no papel dun animal
do bosque encantado. Dende ese momento xurden os xogos, maquillaxe, elaboración
de decorados, pinturas murais, figuriñas de barro, nun ambiente no que o monitor
xes vai relatando cómo viven os fungos, porqué están ahí, qué función teñen,
porqué non deben pisalos, nin comelos sen coñecelos....
Todos estes xogos son
adaptados polos nosos monitores especializados a actividades relacionadas co
outono e os froitos do bosque que podemos atopar nesta época.
Son xogos nos que se fan
actividades tanto de relación social como de natureza ou destreza. Buscamos
sempre que os nenos sexan os protagonistas das súas actividades.
·
XOGOS DE
PRESENTACIÓN: (de 20 a 30 minutos).
Son xogos destinados a
que tódolos indivíduos do grupo nos coñezamos e aprendámolos nomes de tódolos
participantes o antes posible. Cada un conta o que coñece no mundo dos
cogumelos, as súas experiencias e elixe un personaxe.
·
TALLERES: * (de 30 a 60 minutos).
-
Aprendendo de
micoloxía. Qué é un fungo?, porqué saen no monte?, qué comen?...
-
Cultiva os teus
cogumelos; Fai un saquiño productor de cogumelos
-
manualidades
micolóxicas,
-
maquillándonos
como habitantes do bosque
-
aprende a cociñar os teus primeiros cogumelos, (nós
encargámonos do fogo).
Pretendemos que os
participantes aprendan a traballar cun determinado material, outras formas de
adquirir coñecementos; e todo isto, baixo un ambiente de distensión e en
perfecta sintonía entre todo o grupo.
·
XOGOS MOTORES: *
(de 20 a 45 minutos).
-
O importante
destes xogos é que os rapaces aprendan a traballar en grupo, compartindo
diferentes problemas que entre todos terán que superar.
* XOGOS DE ECOSISTEMAS: * (de 45 a 90 minutos).
-
Perséguese un
coñecemento máis profundo dos distintos ecosistemas máis típicos e
característicos da localidade, seus cogumelos, seus costumes e das súas
actividades cotiás máis habituáis.
Outras posibilidades: GRANDES XOGOS:* (de 60 a 90 minutos).
-
Misión imposible.
-
Xogo dos pitufos.
-
Xogo do Kim.
-
Caza da princesa.
-
Rastreo.
-
Disfraces.
-
Xogos culturais,
etc.
-
Con eles queremos
acadar unha boa armonía entre tódolos participantes, sempre nun ambiente de
cooperación e compañerismo. Todos eles son grandes xogos adaptados ó mundo da
micoloxía para nenos.
·
JINKANAS:
-
Actividades que
consisten en ir superando unha serie de probas, sempre en equipo dentro dun
ambiente de distensión.
-
* (de 60 a 75
minutos)
Para poder dispor de datas reserve o seu día o antes
posible
Un saúdo e moitas gracias
Asdo.
Catalina Fernández de Ana
Portela
Bióloga Xerente de Hifas da Terra
Ante calquera pregunta non
dubide en chamar, estaremos encantados de poder atenderlle
Teléfono de atención ó cliente 986861087