Pontevedra a 16 de Outubro do 2002.
Sr/a Presidente/a da CMVMC
Segundo o
acordado na última reunión da Mesa Sectorial de CMVMC da ADR “PRODER II –
Comarca de Pontevedra”, en relación coa posta en marcha de algunha iniciativa
que permita un aproveitamento racional dos residuos forestais, entre as que se
baralla a posibilidade dunha planta de biomasa ou dunha planta de compostaxe.
Consideramos que sería moi importante, a hora de decidirnos por un proxecto, ter información de primeira man sobre experiencias que se están desenvolvendo noutros territorios, así como contar coa opinión de técnicos especializados nestes temas.
Polo que
gustaríanos contar coa asistencia de algún representante da súa CMV na xornada
de “Residuos forestais: Biomasa e Compostaxe”, organizada por esta ADR e
que se vai celebrar o próximo SABADO DÍA 26 DE OUTUBRO a partires das 16 h
no Pazo de Congresos de Pontevedra.
Os contidos da xornada son os seguintes:
ü Enxeñería industrial e viabilidade das plantas de compostaxe.
ü Estudo sobre a viabilidade das plantas de biomasa en Galicia.
ü Experiencia dunha planta de biomasa ALLARLUZ, SA
ü Experiencia da posta en marcha dunha planta de compostaxe. Concello de Lugo
Esperando que sexa do seu interese, reciba un cordial saúdo.
Asdo.. Claudio Quintillán Vallejo
(Representante da mesa sectorial de CMVMC)