Novidades Montes e Fontes
Guía dos cogomelos comúns de Galicia e Os cogumelos nos ecosistemas
forestais galegos
XIANA CABRAL
Outono, 2000
XERAIS ONLINE
 Xerais publica, na colección Montes e Fontes, dous importantes libros sobre
cogomelos, dous libros escritos por especialistas e dirixidos aos
afeccionados ao mundo da micoloxía. Dous libros escritos desde o rigor
científico que nos van permitir un mellor coñecemento do noso entorno: os
nosos bosques e un mellor aproveitamento, ecolóxico e racional, dunha
ciencia en alza: a silvicultura.

Os dous libros que Xerais publica na súa colección Montes e Fontes afondan
na micoloxía desde dúas perspectivas diferentes. Son dous libros que se
complementan para presentar unha visión ampla e sólida dos cogomelos e o seu
entorno en Galicia. A Guía dos cogomelos comúns de Galicia está escrita por
Marisa Castro. O libro céntrase moi especialmente no estudio das especies e
a súa definición, aportando datos prácticos e fotografías da cada unha, así
como un interesante apartado de receitas de cociña. Os cogumelos nos
ecosistemas forestais galegos é da autoría de Francisco J. Fernández de
Ana-Magán e Antonio Rodríguez Fernández, dous investigadores ligados ó
Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Este volume constitúe un
extenso estudio sobre a micoloxía e os fungos en Galicia: a súas
xeneralidades, ecoloxía, o seu manexo e aplicacións, os tratamentos
forestais e a productividade dos cogumelos, etc, sempre en relación cos
ecosistemas forestais galegos.

393 especies e variedades comentadas
Guía dos cogomelos
comúns de Galicia
Guía dos cogomelos comúns de Galicia
Marisa Castro
© Edicións Xerais 2000
Colección Montes e Fontes
ISBN 84-8302-542-6
PVP 3.350 pts
¿Qué son os cogomelos? ¿Cales son as súas características morfolóxicas? ¿Que
papel representan na alimentación, na industria ou na medicina moitísimas
diversidades de especies? ¿Como cabe diferenciar as comestibles das tóxicas?
¿De que xeito o micófilo pode introducirse en novos campos da micoloxía?

No presente libro dáse cumprida resposta a estas interrogantes e outras
máis. Marisa Castro, unha rigorosa e coñecida investigadora da botánica do
noso país, abre un detallado mapa de coñecementos, que xa comezara, xunto
con Luís Freire, con aquel Guía das setas ou cogumelos comestibles de
Galicia (Xerais, 1982), continuara con Setas ou cogumelos de
Galicia -extraordinario éxito de crítica e de vendas nas súas tres edicións
nesta mesma colección-, e que completa agora incluíndo novas especies, novos
índices, un mellor tratamento gráfico e unha interesante ampliación no
apartado de receitas de cociña.

Trátase, xa que logo, dunha obra escrita con seriedade, rigor científico e
bo coñecemento de tódolos aspectos que nela se incriminan. Afeccionados,
expertos e todo aquel que se interese polo apaixonante mundo da micoloxía
galega quedará recoñecido ao meritísimo esforzo realizado pola autora.

Os cogumelos
nos ecosistemas
forestais galegos



Os cogumelos
nos ecosistemas
forestais galegos
Fdez. de Ana-Magán
Antonio Rodríguez Fernández
© Edicións Xerais 2000
Colección Montes e Fontes
ISBN 84-8302-584-1
PVP 4.250 pts
¿Qué son os cogomelos? ¿Cales son as súas características morfolóxicas? ¿Que
papel representan na alimentación, na industria ou na medicina moitísimas
diversidades de especies? ¿Como cabe diferenciar as comestibles das tóxicas?
¿De que xeito o micófilo pode introducirse en novos campos da micoloxía?

No presente libro dáse cumprida resposta a estas interrogantes e outras
máis. Marisa Castro, unha rigorosa e coñecida investigadora da botánica do
noso país, abre un detallado mapa de coñecementos, que xa comezara, xunto
con Luís Freire, con aquel Guía das setas ou cogumelos comestibles de
Galicia (Xerais, 1982), continuara con Setas ou cogumelos de
Galicia -extraordinario éxito de crítica e de vendas nas súas tres edicións
nesta mesma colección-, e que completa agora incluíndo novas especies, novos
índices, un mellor tratamento gráfico e unha interesante ampliación no
apartado de receitas de cociña.

Trátase, xa que logo, dunha obra escrita con seriedade, rigor científico e
bo coñecemento de tódolos aspectos que nela se incriminan. Afeccionados,
expertos e todo aquel que se interese polo apaixonante mundo da micoloxía
galega quedará recoñecido ao meritísimo esforzo realizado pola autora.





 PHICCIÓNS UNIVERSITARIA: MANUAL DE CIENCIAS...
Copyright © 1997-2001, Edicións XERAIS de Galicia, S.A.
Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo (ES) - Tfno. +34 986 214888 / 986 214880.
Reservados tódolos dereitos.