Vilagarcía de Arousa | Viernes, 12 de Enero de 2007
As comunidades inciden no potencial de recursos para xerar riqueza
Xosé Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, indicou no debate celebrado onte que "se están poñendo as bases dunha nova política para o monte, algo que vemos coma poisitivo".
REDACCIóN > VILAGARCíA
 
O responsable desta asociación indicou que "por primeira vez a Xunta está a levar adinate proxectos para aproveitar o monte en todas as súas funcións, desde madeira, a gando ou sendeirismo", valorando de xeito moi positivo os pasos que se están a dar nese sentido.

Asimesmo, destacou que a Lei de Prevención de Incendios Forestais ten unha serie de compoñentes de gran valor, ao primar a prevención sobre a extinción e combinar esta aposta "coa ordenación do territorio".

Xosé Pereira tamén alabou as axudas postas en marcha parra a adquisión de maquinaria e material por parte das comunidades de montes, o que lles permitirá desenvolver proxectos de aproveitamente da "biomasa forestal para abonos, por exemplo".

Este conxunto de actuacións beneficiarán, indicou o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, non só aos comuneiros "senón ao conxunto da sociedade".

Cambio de mentalidade > Pero para lograr con éxito estes obxectivos, Pereira indicou que "falta aínda algo", en referencia a que se precisa "dun cambio de mentalidade nos comuneiros, apostando decididamente por poñer en valor eses terrenos".

Coa combinación deste factores lograríase, segundo Xosé Pereira, un aproveitamento sustentable do monte, que serviría non só para xerar riqueza, senón tamén para crear emprego e axudar a fixar poboación no medio rural.

Unha finalidade ésta defendida polo conselleiro Suárez Canal coma un dos obxectivos do departamento que dirixe.