Do
chasco forestal,
Por
Xesús López Fernández
Andan
estos días nos medios noticias contradictorias en relación coa cousa
forestal. Unha veces van sobre o tema do precio do eucalipto. Outras sobre o
exceso reforestador con esa especie, sobre o que se poden leer opiniós
contradictorias, incluso no tema da superficie ocupada, que se pode decir
hipotecada. E mentres algús falan de bendiciós e riqueza, nas comunidades de
montes comezan a veren claro, a organizárense no que semellan aínda esforzos
primeirizos pra unha actitude común de defensa. E Promafe, unha asociación
de propietarios de montes da mariña cantábrica, ven de convocar un boicot á
venta de madeira nos próximos seis meses, coa idea de forzaren ás industrias
dependentes do seu suministro a mellora-lo precio que veñen pagando. ¿De qué
lles vale que valoren a súa madeira como moi boa se a súa cotización
monetaria está baixo mínimos?. E a asociación decideuse polo boicot no caso
de non obter unha contrapartida máis elevada no referido prazo. ¿Pra éso
foi que reforestaron naquela zona 150.000 hectáreas con eucalipto das 400.000
adicadas a ese cultivo en Galicia, neste momento?. Naturalmente que
sobre esos datos existen informes distintos; que seguramente non dispoñemos
dun inventario fino.
Nese
futuro de medio ano que pode ser abondoso en incendios, os propietarios do
monte non van ter garantizado un precio, cando pola outra banda se están a
faceren importaciós de choque, e aínda hai poucos días se anunciaba a
arribada ó peirao de Mirasol, en Ribadeo, dunha partida da citada árbore, de
Portugal, e con Ence, prá súa fábrica de Navia, como destinataria. Madeira
procedente dos montes queimados no veciño país, que con Extremadura foi
obxecto da presunta estratexia incendiaria do pasado ano, algo ó que aquí
estamos afeitos, a que un ano tras outro se repita o mesmo escándalo sen que
roden cabezas, mentres noutros países avisan dese peligro á par que da perda
de biodiversidade. En Uruguai, o Grupo Guayubirá, alerta de que un eucaliptal
é unha especie de bomba do tempo, porque nun momento dado, cando conveña a
certos intereses, pode aparece-lo lume. E xa que citamos Uruguai digamos que
calquer importación dese país, de Chile, Brasil ou Sudáfrica, vai
abarata-la madeira daquí, converter en prantaciós estériles as das
comunidades que tragaron a bolita e se deixaron levare pola promesa dun diñeiro
fácil, sen esforzo, que á postre resulta se-lo plus de miseria do que
falabamos no traballo da pasada semá.