De: xesus lopez [xesuslopez@terra.es]
Enviado: sábado, 19 de marzo de 2005 19:58
Para: Undisclosed-Recipient:;
Asunto: A manifestación pro Ence, 19.3.2005, pró LUNS 21.3.2005.do. Un cordial saúdo, Xesús. ESTE É O BO

A manifestación pro Ence,

Por Xesús López Fernández

 

            ¿Éxito ou fracaso? Non hai nada máis que analiza-lo dito polos diversos medios pra nos decatar do mar de contradicciós existente. ¿Cántos, en definitiva, acodiron á chamada dos de CCOO? Según a policía local, antre 10 e 12.000; a nacional dí que uns 15.000, e os organizadores estiman que uns 17.000. Non hai acordo, pois, pero sí sabemos que a cabeza da manifestación non bateu coa cola da mesma; que, a paso de tartaruga, o colectivo que fixo o recorrido invertía 40 minutos en pasar por un mesmo lugar. Non houbo, pois, tanto sufflé como moitos tentan demostraren, ós que lles reventa a cifra polo dato que dá certo medio de que arribaron á cidade 200 autobuses. E si eso foi así ben puideron ter chegado, transportados, 10.000 manifestantes. É decir, cobrir practicamente a manifestación, máis ben invasión, na que apenas se viron caras conocidas máis alá dalgús polìticos ou políticas que apareceron na Ferrería, pode que co paso cambiado, do lado dalgunha pequena asociación e partido residual. Como rúbrica, decir que nas vistas aéreas servidas pola televisión local apreciábanse claramente moitísimos calveiros.

 

            Coido que somos moitos os que non nos preocupamos da manifestación, que sabiamos que non se estaba a coida-lo seu marketing máis alá da crispación predicada dende os sindicatos, mesmo dende as presidencias de Aempe ou da Cámara de Comercio, sen autoridade moral sobre o comercio, que non non apoiou as súas consignas e mesmo algún crítico solicitaba antes da manifestación a dimisión de José María Rodríguez e a de Durán Couto. A do primeiro por ter falado o home de cisma, de que uns estaban nesta cidade polo progreso e outros polo atraso, que pra min significa esto último o feito de mante-la fábrica en Lourizán no canto de recupera-lo espacio como Riazor ou como se propón facer Vigo con Samil, algo que xa foi comentado. ¡Pero é que ademáis, curiosamente, o presidente de Aempe enteraríase no curso do debate de Localia de que Ence fora condenada por delito ecolóxico continuado!. Sentencia do 4.11.2002. Pode consulta-lo sumario, como tamén pódeo facer o presidente da Cámara de Comercio. A ver se dese xeito moderan máis o seu discurso e deixan de facer apoloxía do incumprimento da Lei.

 

As noticias da manifestación chegarían ó goberno galego, estos días en San Estevo de Ribas do Sil,  todo el cercado por un enorme souto. E nese ambiente falaban de que Galicia vai reduci-las emisiós que inciden no cambio climático, que xa nos afecta, ou da riqueza do chan orgánico que se está a mineralizar de forma imparable, antre outras cousas polo tipo de reforestación que se predica dende a cátedra Ence, ou que promoven moitos dos nosos politicos. Pero os gobernantes galegos teñen non lonxe de San Estevo un exemplo de outro tipo de reforestación, en Esgos, onde, cando se comeza a sobida e despois de deixar atrás un pequeno grupo de eucaliptos, comeza o espectáculo conformado por alerces europeos, abetos Douglas (piñeiros de Oregón) picea abbies y pinus pinaster. Esa é unha forma de poñer en valor un monte e debera ser unha viaxe de estudio a promocionar polas mancomunidades de montes, se queren que a súa madeira teña un mercado global ou potencie aquí a fabricación de mobles, sen que nadie xogue con eles e convertan o país  en miseria forestal.

 

Tornando ó tema da manifestación retomo unhas palabras de Ángel Mario Lago, no sentido de que, aínda que fosen 15.000 os manifestados, na súa maioría eran de fóra de Pontevedra. El, sereamente, insisteu na cuestión da ilegalidade da empresa e na defensa do dominio público marítimo terrestre. Ese espacio, digamos, foi delimitado por decreto do 14.11.1996, polo ministerio de Medio Ambiente do Partido Popular, algo que están a esqueceren algús dos seus dirixentes que poden moi ben ser víctimas do encono das  bases, como o foi José Luís Pedrosa a raiz da manifestación do 5-J. A diferencia antre aquela demostración e a do 18 de marzo está en que esta vez a cidadanía quedou maioritariamente na casa e foi a triunfadora, porque os que saíron tra-las pancartas cabían nos autobuses que os achegaron á capital. Estaba claro o fracaso da convocatoria coa posición da Federación de Asociacións de Veciños Castelao, coa das Mancomunidades de Montes de Pontevedra e Cotobade, coa das agrupaciós ecoloxistas e, sobre todo, coa protesta das Cofradías da Ría, que están a impugnaren os recheos do porto que querían levar ata Tambo ou pouco menos. Tamén queda como testimonio o de sete profesores e científicos de Forestales, contrario ó de Valero, que afirman que Ence apenas incide na colocación laboral dos seus alumnos.... En fin, bombardeo propagandístico burdo, estéril e multimilonario. ¿Cos cartos de quén?