De: xesus lopez [xesuslopez@terra.es]
Enviado: sábado, 12 de marzo de 2005 22:53
Para: Celso Milleiro
Asunto: Previas á manifestación, 12.3.2005, pró 14.3.2005.doc Un saúdo de Xesús.. ESTE SÍ QUE É O BO.

Previas á manifestación,

Por Xesús López Fernández

 

            Está convocada a manifestación pro papeleira pró día 18.3. Pontevedra está materialmente empapelada cunha serie de anuncios monocromáticos que non chaman a atención porque non concretan un auténtico berro ou chamada á cidadanía. Hai que pararse a leé-los textos, nos que aparece subliminalmente a mensaxe de “en defensa do sector forestal galego”, que prima sobre o resto do que proclaman. E, claro, aí está o modelo reforestador que dende o seu estaribel e garapitos mediáticos están a potencia-los grupos de presión celulósicos (políticos ou de empresa), que non saben informar nada máis que de Ence ou pedir aínda máis reforestación con eucaliptos, como hai poucos días proclamaba un representante de Silvanus, aparentemente doído pola non imprantación da papeleira que non cabe en Lourizán. Suponse que algús destos poncios deberían preocuparse antes polos contidos mìnimos da Axenda 21 local, do diagnóstico integral do Municipio, da súa situación ambiental; do Plan de Participación Social dos cidadáns como pilar básico da imprantación da Axenda; do Plan de Acción, das actuaciós a levar a cabo e tamén do Plan de Seguimento, da fixación de indicadores, algo no que en Pontevedra parece imos con certo retraso a pesar de ter asinado o noso Concello a Carta de Aalborg, que máis pareceu un brindIs ó Sol.

 

            Non percibo na cidadanía un claro fervor pola participación prá que os de CCOO están a buscaren apoios, incluso antre os aficionados do Pontevedra, F.C. Alá eles. E parece que algús están esperanzados en que a prevista concentración conculcadora de leis poida abrir de novo a portela da esperanza. As declaraciós de Méndez no sentido de que reconsiderarían o tema da papeleira si se desen as condiciós favorables a corto prazo e  que non están dispostos a participaren na mesa proposta por Touriño parece que están a traer xa certas consecuencias, ata o punto de que o PsdeG está a toma-lo pulso á situación e que no horizonte existe xa o deseño doutra celulosa no Norte de Galicia, con tecnoloxía punta e unha maior capacidade de penetración no mercado. A recuperación da ría de Pontevedra parece concretarse cada vez máis nos obxetivos a corto dos socialistas, que poderían pensar incluso na alcaldía de Pontevedra. E ó sector de cidadáns que desexan a recuperación do dominio público marítimo terrestre estánse a sumar decote as xentes das cofradías de mariscadores, prás que aquí se abre un horizonte máis negro do que no seu día representou o Prestige, e que o lucro cesante non llo van compensar perpetuamente nen a Xunta nen o señor Méndez que, caducada a concesión de Ence, non podería acodir xa á mesa de Touriño. O PSOE ten a clave.

 

            As comunidades de montes están arestora a posicionárense claramente. A súa petición de diálogo a Ence é outro esforzo máis por salvar un modelo de reforestación colonizador, irracional. Se a factoría non quere pensar no traslado, á postre, vai ter un problema serio, porque dende a Mancomunidade de Montes estanse a propoñer outros obxetivos: “Convertide unha árbore en leña e vai arder pra vós; mais nunca máis vai producir flores, nen froitos”, que decía Rabindranath Tagore; ou tamén as técnicas reforestadoras doutras comunidades e países, como o Reino Unido, onde priman a prantación do piñeiro de Oregón e, ó mesmo tempo, van configurando pequenos lagos e lagoas prá atracción de paxaros, preocupados pola diminución do urogalo, porque o tal piñeiro non produce tanta semente como o paxaro (coido que xa desaparecido en Galicia), precisa. Pero, en definitiva, estamos a falar doutro mundo no que conta a biodiversidade e a madeira de calidade, e o desenvolvemento sostible distinto do modelo fraguián, do discurso triste que o home levou a Uruguai ou trouxo ó Casino de Pontevedra, ocasión na que, por certo, esqueceu o traxe de etiqueta.

 

             E falemos outravolta da “Situación do mundo 2005”, como no traballo anterior, concretando agora parte do prólogo de Gorbachov, un discurso de respeto no que o home afirma: “Non sómo-los señores da natureza, e temos de desenvolver un novo paradigma pró desenvolvemento e prá resolución dos conflictos, basado no costo e no beneficio que reporta a toda-las persoas e comprometido cos límites da propia natureza, non cos límites da tecnoloxía e do consumismo. É pra min moi grato que o Worldwatch Institute continúe abordando estos importantes desafíos e obxetivos no seu informe A situación do mundo. Invito a todo-los lectores a considerar seriamente o seu compromiso pesoal activo cando acaben coa lectura do libro”. O home segue a marcar pautas de respeto, a avisar de peligros, dos desastres da natureza e a degradación dos ecosistemas que aquí Méndez, Fraga e os iluminados de CCOO queren potenciar  máis, o que non parece posible nun Estado de Dereito.