PREZOS MADEIRA-2003 e outras lerias encol de ENCE

Pontevedra, 10.6.2004
 
Gracias pola información recibida, que me parece importantísima. Sería bo que no eido das Comunidades de Montes se traballara sobre a base da probeza medioambiental que en definitiva representou a excesiva reforestación eucalipteira. Agora atópanse con que esa madeira non lla pagan como no seu día lles prometeron. Por outra banda, o que di Silvanus é certo, aínda que non sexan de fiar, no sentido de que Ence, que xa contabiliza o consumo do 40% da madeira de eucaliptu, non-o vai aumentar, porque Tisú de Lourizán, tanto se consume pasta de Ence como a que lle remitan de Navia, non vai repercutir no consumo da pasteira.
 
Por outra banda, ¿é factible a montaxe da fábrica de papel en Lourizán?. A resposta é que, a día de hoxe, non. Porque non teñen solar. Eles contaban ou eso lles fixeron creer que no terreo que hoxe ocupan as balsas de decantación da fábrica de celulosa terían sitio. Pero non é así. O Concello acaba de lles devolve-lo proiecto básico. Pero é que ademáis no Boletín Oficial da Provincia de onte, 9.6.2004, aparecía o anuncio da Demarcación de Costas no sentido de que Ence solicitaba licencia prá compactación das  balsas. Desconozo o plan, pero é que en principio, Ence quería suprimilas pra montar aí a papeleira, pero xa non pode ser, porque eso é dominio público marítimo terrestre, e si Ence non precisa dese espacio será porque antes terá resolto o problema de contaminación que a día de hoxe permanece sen resolvere, estando a verter libremente a carga contaminante equivalente ó vertido dunha cidade de 80.000 habitantes.
 
É decir, o problema xa non é só o Concello; tamén a Dirección General de Costas está a se mover como consecuencia da denuncia de Salvemos Pontevedra, porque a Demarcación de Costas estaba autorizando todo, disfrazando de permisos menores o que terían necesidade de concesión estatal previa, pola envergadura da obra [como a planta de efluentes, que carece de concesión, como a planta de coxeneración, como a fábrica de Georgia Pacific, Tisú de Lourizán].
 
A intervención de Costas pode abrir incluso a posibilidade de que outros cidadáns, e co horizonte do 29.07.2018, soliciten concesión estatal sobre parte dese terreo, pra instalar aí unha actividade distinta.
 
Estou convencido de que Ence pode desaparecer daí. E pra elo o Concello ten marcado o camiño coa denuncia de Salvemos Pontevedra, de data 14..1.2004, en exercicio da acción pública. O expediente de infracción urbanística incoado polo Concello está basado na dita denuncia, que solicita o cerre de Ence i Elnosa, e que o Concello incoe a cancelación de todas e cada unha das licencias por se dar nelas o vicio de nulidade radical.
 
Eu, se tivera influencia nalgunha comunidade de montes procuraría convencer ós comuneiros de que o futuro está máis na biodiversidade, na potenciación da presencia doutras especies: nogueira, castiñeiro, piñeiro de Oregón, cerdeira brava, xacarandá, bídalos, etc. I en deixar, por suposto, terras de folgado como soporte dunha próspera actividade agrogandeira ecolóxica, coa promoción da avenza e do armentío [ovellas e cabras e gando maior].
 
Un cordial saúdo, Xesús.