Xuntanza de Propietarios forestais e Industriais da madeira

 

Convoca: Fedración Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia

Lugar: R/ San Lázaro, 81-1º B Santiago

 

Data-Hora: luns, 20 de Maio do 2.002, as 1630

 

Asistentes:  Alberto Irisarri, convocante, por FEARMAGA, representantes de FEARMAGA de Lugo (Daniel Villapol) e A Coruña,  un representante de AGAMI (asociación Madera-Industria), Antonio Comesaña Solla, pola AFOGA e David e Celso pola ORGACCMM. Non asistiron nin AFRIFOGA, SILVANUS, MANO NEGRA e Consellería que estaban invitados. A miña opinión que espuxe na xuntanza é que hai un tinglado a partires das industrias de trituración e, sobor de todo, da de pasta de papel, CELULOSAS, que non está interesada na madeira de calidade, que leva de seu unha boa Selvicultura, senón no que hoxe temos madeira, en xeral, de refugallo. O tinglado para mín está composto do “capo”, CELULOSAS, e os lamecús e sopabobas: a Consellería, certas Asociacións e moitos profesores universitarios.

 

TEMAS A TRATAR:

 

1.- Entrega resumen de asuntos tratados na xuntanza anterior:

Entregaronnos un borrador do resume da Xuntanza anterior á que non concurreu ninguén da ORGACCMM.

No que se refire a iste punto clarexouse que:

-fica pendente a redacción dun proxecto de normas de subasta que uniforme o asunto.

-a resposta a un documento para presentar na FEGAMP encol das normas municipais sober dos traballos extractivos forestais (sinaladamente talas e pistas). Dita resposta foi disparella, dende os que están dispostos a asinar (FEARMAGA e ORGACCMM) deica os que semellan que non van a asinar, SILV, etc, pasando polos que o pensan, AFOGA (ésta presentou unha nota: “mellora e conservación da rede pública de infraestructuras forestais”).

 

2.- Normativa Municipal e aproveitamentos forestais. Acordo de remesión de escrito á FEGAMP.

Entregaronnos un borrador de escrito ó FEGAMP ó que dixemos que estabamos dacordo mais que nos poñeriamos en contacto para lles dar a reposta definitiva.

 

3.- Situación actual do mercado da madeira.

Nesta materia falou esencialmente Daniel Villapol quen espuxo:

-Na actualidade parón do consumo

-Eucalipto, menos consumo en pasta e trituración

-Debido á mecanización cada vez se tala máis en inverno

-prevese, a curto prazo, un desafogo na producción na que

       -os precios para pasta e trituración non medrarán e

       -máis demanda de madeira de calidade ainda que sin siñificar elevación de precios da madeira.

-         a madeira de rolla, en Galiza, máis cara que en Europa.

-         Entreven a posibilidade da creación dun organismo que certifique a cubicación e a calidade dos lotes de árbores a subastar.

 

4.- Actividades paralelas SEMANA VERDE de Galiza, ano 2.002

-se celebrará en Silleda a subasta de madeira da Xunta para as Comunidades conveniadas.

-quixeran organizar unha subasta de madeira de Comunidades NON conveniadas e pedían a nosa colaboración para o espallamento entre as Comunidades. Manifestamos que, ó mellor, non era mala idea pero que tiña que pensarse máis e, a mais delo, que o prazo para organizala era corto, ... podería ser un proxecto para o próximo ano.

Perante a SEMANA VERDE están previstas unha Xornadas Técnicas sobor da Madeira:

       -Xuño, día 20, A madeira e a construcción.

                         21, A madeira na industria de transformación

                         22, SABADO, O aproveitamento madeirabel do monte; a máis de catro conferencias na  mañá, está prevista, a seguir, unha Mesa Redonda sobor “A política forestal e os aproveitamentos madeirabeis” na que temos reservado un posto na Mesa.

 

5.- Normativa madeira afectada por incendio

No que ten ver coas talas semella que dende a súa implantación, fai anos, non se aplicou; arestora, nas Delegacións de Lugo e Pontevedra estase a aplicar ocasionando longas demoras nos permisos de tala. Según os rematantes, non é de recibo que se considere ós propietarios e madereiros culpabeis dos incendios senón perxudicados por eles, especialmente os primeiros.

É un tema que segundo eles pode verse na SEMANA.

 

6.- Marcha sistema PEFC da certificación

SFC presentou fai unhas días as condicións de certificación para o Estado Español e PEFC fará o mesmo nos próximos días.

Falouse no senso de que era para ambas partes só algo comercial, que os custos da certificación repercutirían á baixa no precio da madeira e que ambolos dous sistemas eran un tinglado para xerar postos de traballo e negocio ós certificadores. Tamén detectan intereses das grandes empresas en contra das pequenas pola distinta repercusión que nos custos poden ter os gastos da certificación e, a máis delo, non ven garantía de seriedade.

 

7.- Estado fitosanitario dos bosques galegos.

Xa era tarde, e o asunto viuse moi por riba, falaron do gran perxuizo que están a ter os eucaliptais da Mariña lucense e do norta da Coruña; nos falamoslles da nosa experiencia, ... semella que o do Morrazo e o Castrove non é máis ca unha manobra de distracción.

Semella que hai acordo en que a laboura da Xunta foi ineficiente.

Anda a espallarse a idea da inevitabilidade das pragas e que máis forte pode ser a do Michospharella que xa esta a se amosar e a do pino que xa está en Portugal e que virá.

AFOGA presentou unhas “CONSIDERACIÓNS SOBOR DA SITUACIÓN SANITARIA DOS MONTES GALEGO” (teño un exemplar: 5 páxinas) (a primeira impresión é que se trata dun documento acomodaticio en extremo: semella feito pola Xunta “que temos” e non por unha Asociación de propietarios perxudicados)

Tamén podería ser un tema a tratar en Silleda.

 

8.- Asuntos varios:

Despedida de Celso da “pretendida” Mesa da Madeira por reorganización da ORGACCMM.

Irisarri, coido eu que pola non comparecenza da Administración que temos e pola dos seus adláteres, prantexou se a Mesa debería seguir, ... a nosa intervención foi no senso de dicir que se o que se pretendía como básico era ir a unha mallor calidade de madeira, as cousas estaban a acontecer con lóxica: CELULOSAS ( cos seus acólitos: Admisistración e pesebreiros ) estaban pola política de madeira pobre. Fíxadevos que coa calidade de silvicultura que temos, a Administración sempre fala de cantidade e non de calidade: que deberamos ir alancando paseniñamente, que as cousas que valen custan, ...

Tamén falou do esforzo que para eles siñifica levar adiante a Mesa que tiñan que se repartir labouras: ficouse en que se faría un proxecto de rexime interior e que se falaría na próxima xuntanza.

 

CO QUE DIGA DAVID, PODEREDES FACEROS UNHA IDEA

 

 

9.- Rogos e preguntas