| O edil explicou que se lle encargou
ó equipo redactor do Plan Xeral que ubicase as zonas de meirande interese
ecolóxico e paisaxístico e que, nestes intres, os servizos técnicos
municipais están iniciando os estudos para os dous ou tres primeiros
parques. A iniciativa conleva conversas coas comunidades de montes para
comprobar a súa dispoñibilidade. Estableceríanse ademais contratos para o
mantemento das respectivas áreas. Vázquez Plaza estimou que cada parque
custará uns 500.000 euros e medirán polo menos 10 hectáreas. Terán frondosas
de gran porte, sendeiros, áreas recreativas e unha piscina pública tanto
para o baño como para repoñer auga en caso de incendio. |