VENRES MEDIOAMBIENTAIS

Centro de Información e Investigación Ambiental

 Lourizán

 

Conferencia sobre “Efectos de tratamentos selvícolas sobre a vexetación do sotobosque” a cargo de D. Francisco Javier Silva Pando.

 

O próximo venres, 3 de Marzo, terá lugar no Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán unha nova conferencia do ciclo “Venres medioambientais”, a cargo de D. Francisco Javier Silva Pando, Dr. en Bioloxía especialista en Ecoloxía Vexetal, Xefe do Departamento de Ecoloxía e Director deste Centro.

O acto terá lugar ás 13:00 horas no Salón de Actos do Centro de Lourizán sendo posible a asistencia de todas as persoas interesadas sen necesidade de inscripción.

Segundo o ponente, os tratamentos selvícolas alteran o ecosistema, a veces de forma importante. Sen embargo, en función da superficie afectada e do tratamento aplicado, a alteración do sotobosque pode ser reducida ou recuperarse a niveis preexistentes ó cabo dun certo número de anos, normalmente menores que o turno de corta da especie principal.

A intervención selvícola, polo tanto, non tén porque ser perxudicial para a vexetación do sotobosque, salvo no caso de afectar a especies pouco frecuentes nun determinado lugar, que sí poden verse afectadas negativamente.

Estas ideas principais serán desenvolvidas durante a charla que teremos oportunidade de escoitar este venres.