RESUMO AXUDA SILVICULTURA - 2006

 

 

 

Artigo 3.- Actuacións obxecto de axuda e importes.

Os importes de subvención corresponderanse, como máximo, no caso das comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións e outros co 75 % do importe de inversión, e no caso de propietarios particulares co 50 % do importe de inversión (ver anexo V).

Importes de inversión por actuación:

 

1º Apartado. Clareos en rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa < a 12 cm:

1.1.- Clareos en rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa < a 12 cm.: 933,00 €/ha.

1.2.- Triturado ou extracción para o aproveitamento de biomasa dos restos dos clareos en rexenerados de coníferas: 533,00 €/ha.

Non se poderá solicitar o triturado dos restos no caso que o clareo se realice de forma sistemática e mecanizada, agás no caso de extracción dos restos para o aproveitamento de biomasa.

 

2º Apartado. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas:

2.1.- Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: 400,00 €/ha.

2.2.- Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m, con diámetro normal medio entre 12 e 16 cm.: 533,00 €/ha.

2.3.- Podas altas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 4 m e máxima de 6 m. cunha densidade de entre 800-1.100 pés/ha, sempre e cando se xustifique debidamente na memoria técnica que o aproveitamento final sexa para serra e buscando os 400 pés/ha.: 640,00 €/ha.

2.4.- Triturado restos de poda ou extracción para o seu aproveitamento de biomasa: 533,00 €/ha.

Dentro deste apartado, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (2.2 ou 2.3) podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas (2.1).

Non se solicitará na mesma superficie a poda ata 2 m (2.2) e a poda de 4 a 6 m (2.3)

 

3º Apartado. Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias con diámetro normal medio da masa < a 12 cm. (Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas caducifolias):

3.1.- Rozas: 640,00 €/ha

3.2.- Poda ata 1/3 da altura como mínimo e formación de guías: 400,00 €/ha.

3.3.- Selección de brotes: 640,00 €/ha.

3.4.- Clareos: 480,00 €/ha.

Dentro deste apartado, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.760,00 €

 

4º Apartado. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés /ha:

4.1.- Rozas: 640,00 €/ha.

4.2.- Podas: 600,00 €/ha.

4.3.- Tratamento fitosanitario: 93,00 €/ha.

4.4.- Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta: 133,00 €/ha.

Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.333,00 €/ha.

 

5º Apartado. Coidados culturais en mouteiras declaradas destinadas á produción de semente selecta, segundo a orde de 17 de marzo de 2005: Ata 1.333,00 €/ha a xustificar en memoria técnica.

As actuacións indicadas nos apartados 1º, 2º, 3º, 4º e 5º deste artigo non poderán solicitarse sobre unha mesma superficie.

Non se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003 e 2004.

 

O IVE non é subvencionable.

 

Artigo 4.- Beneficiarios.

Os titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, e agrupacións de titulares formadas por un mínimo de 2 membros.

Non poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarias dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

 

Artigo 5.- Criterios de prioridade.

Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas na presente orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada un dos apartados 1, 2, 3, 4, e 5, en función do tipo de titular e segundo o baremo seguinte:

 

Apartado nº 1.- Clareos en masas de coníferas:

- Masa principal de Pinus pinaster o Pinus sylvestris:           1 punto por hectárea

- Masa principal de Pinus radiata:                                        0,5 puntos/ hectárea

- Masa principal doutras especies:                                      0,25 puntos/ hectárea

- Densidade inicial maior de 6.000 pés/ha:                           3 puntos/ hectárea

- Densidade inicial entre 4.000 e 6.000 pés/ha:                     2 puntos/ hectárea

- Densidade inicial menor de 4.000 pés/ha:                          1 punto/ hectárea

Apartado nº2.- Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:

2.1.- Rozas previas á realización de podas:              0 puntos/ hectárea.

2.2.- Podas ata 2 m.:                                                         1 punto por hectárea.

2.3.- Podas de entre 4 e 6 m.:                                             2 punto por hectárea.

Apartado nº 3.- Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias (Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas caducifolias):

3.1.- Rozas:                                                                      1 punto por hectárea.

3.2.- Poda:                                                                        2 puntos por hectárea.

3.3.- Selección de brotes:                                                   2 puntos por hectárea.

3.4.- Clareos:                                                                     1 punto por hectárea.

Apartado nº 4.- Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros:

4.1.- Rozas:                                                                      2 punto por hectárea.

4.2.- Podas:                                                                      4 puntos por hectárea.

4.3.- Tratamento fitosanitario:                                              1 puntos por hectárea.

4.4.-Aumento da densidade dos soutos:                              3 puntos por hectárea.

Apartado nº 5.- Mouteiras selectas:                                      1 punto por hectárea.

 

Outras valoracións

1. Se o propietario particular é agricultor a título principal sumaranse 5 puntos.

2. No caso de agrupacións, formadas por un mínimo de 2 persoas físicas ou xurídicas, sumaranse 2 puntos por cada persoa que se agrupe, ó global da puntuación obtida nos apartados anteriores. Excepto no caso de agrupacións de comunidades de montes veciñais en man común ou de estas con propietarios particulares.

3. No caso de montes veciñais en man común, montes particulares ou agrupacións de máis de 25 has sen convenio coa administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes: 40 puntos.

4. No caso de montes veciñais en man común, montes particulares ou agrupacións de máis de 25 has sen convenio coa administración ou en proceso de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión: 35 puntos.

5. No caso de montes veciñais en man común con convenio coa administración con plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes ou en proceso de inclusión: 30 puntos.

6. No caso de montes veciñais en man común con convenio coa administración, montes particulares ou agrupacións de máis de 25 has con plan de xestión: 25 puntos.

7. Montes baixo sistema de certificación forestal sostible, sen convenio: 10 puntos.

8. No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15 % dos seus ingresos en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos apartados seguintes:

8.1. 10 puntos no caso de inversións destinadas a forestacións, tratamentos silvícolas, contratación de cuadrillas, mellora e/ou apertura de pistas forestais, peches gandeiros e/ou creación ou mellora de infraestruturas de defensa contra incendios forestais.

8.2. 5 puntos: outras melloras.

 

Para tódolos casos, de existir o empate, aplicarase o seguinte e por dito orden:

1º. Por data de rexistro de entrada da solicitude de axuda, terán máis prioridade as solicitudes que antes se presenten.

2º. No caso de solicitudes de axuda que se lles requirise a subsanación e/ou entrega de documentación, por data de rexistro de entrada de dita documentación, terán máis prioridade as solicitudes que antes teñan a súa documentación completa. As solicitudes que se presenten con toda a súa documentación completa terán máis prioridade que as solicitudes ás que se lles faga requirimento de subsanación.

3º. No caso de empate, prevalecerá o número máis alto formado polas catro últimas cifras do D.N.I ou C.I.F. do titular do terreo.

 

Artigo 6.- Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas.

1.-A superficie mínima continua de actuación será 1 hectárea para propietarios particulares e de 3 hectáreas para C.M.V.M.C. e agrupacións de propietarios particulares e outros, agás para rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros que terán unha superficie mínima continua de 0,5 hectáreas, e agás para mouteiras selectas e parcelas de experimentación nas que non se fixa superficie mínima.

A superficie máxima será de 5 hectáreas para cada solicitude de propietarios particulares e de 25 hectáreas para cada solicitude de C.M.V.M.C. e agrupacións de propietarios particulares e outros.

Admitiranse solicitudes con máis dunha superficie de actuación, aínda que non sexa en coto redondo, sempre que cada un deles supere a superficie mínima e estean no mesmo concello, excepto agrupacións de propietarios.

2.- Non se admitirán agrupacións con máis dunha mouteira.

3.- En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos nos que o acordo de concentración sexa firme.

4.- Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non poderán beneficiarse das presentes axudas na parte afectada.

5.- Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas, se ben aqueles montes para os que se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda.

 

Artigo 8. - Solicitudes e documentación.

Os impresos debidamente cumprimentados, deberán ir acompañados da seguinte documentación:

 

1. - En xeral:

a) Fotocopia do D.N.I., N.I.F. ou C.I.F. do titular dos terreos.

b) Para coidados culturais memoria descritiva, xunto co orzamento e planos sobre planos con escala mínima 1:5.000 ou no seu defecto 1:10.000, no cal se indiquen as actuacións a levar a cabo. Excepto no caso de propietarios particulares que presentaran o anexo IV .- Documento descritivo das actuacións.

c) Declaración do titula r dos terreos obxecto de axuda do conxunto de tódalas solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ó abeiro da presente orde, ante as administracións públicas competentes ou de outros entes públicos.

d) Anexo III de datos identificativos SIXPAC no caso de que os terreos obxecto de solicitude de axuda teñan máis de unha referencia SIXPAC, no caso de unha soa, cumprimentarase na carátula. Naqueles concellos que non teñan asignadas referencias SIXPAC presentaranse as referencias catastrais en vez das referencias SIXPAC.

2. - Para todo tipo de titulares de terreos forestais, excepto Comunidades de Montes Veciñais en Man Común:

2.1- No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da propiedade. En dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome das fincas, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e localización das mesmas. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios, ademais se presentará documento privado no que se acredite o consentimento de tódolos codonos e a designación dun solicitante – representante (que terá que ser un deles).

2.2. - No caso de ser arrendatario: fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento.

3. - Para Comunidades de Montes Veciñais en Man Común: Certificado do acordo tomado en Asemblea Xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao presidente da comunidade ou previa xustificación, a un membro da xunta rectora, a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

4. - Documentación complementaria

4.1. -Para outras entidades con personalidade xurídica que deberán ser propietarias dos terreos nos que solicita a axuda (Sociedade Agrícola de Transformación, Sociedade Anónima, Sociedade Limitada, Sociedade Cooperativa Limitada, ...):

Documentación acreditativa de constitución.

4.2. - Para agrupacións forestais:

Modelo constitutivo segundo o anexo II o representante da agrupación deberá ser un dos integrantes da mesma.

Para que o beneficiario sexa a propia agrupación forestal: a agrupación deberá estar legalmente constituída e presentar o C.I.F. acreditativo da mesma.

4.3.- Para propietarios particulares que sexan agricultores a título principal:

Documento xustificativo de estar de alta no réxime especial agrario.

5. - Documentación adicional.

5.1.- No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes, documento indicando o dito caso.

5.2.- No caso de montes veciñais en man común sen convenio ou en proceso de rescisión, documentación acreditativa del.

5.3.- No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión, documentación acreditativo del.

5.4.- Monte baixo sistema de certificación forestal sostible, sen convenio: Documentación xustificativa.

5.5.- No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15 % dos seus ingresos en melloras do monte: Documentación xustificativa de ditas inversións e tipo de investimento realizado.

 

 

Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

 

1. Facturas polo importe total da inversión máis IVE, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro. No caso dos propietarios particulares de xeito individual que realizaron os traballos polos seus propios medios será suficiente a presentación dunha declaración baixo a súa responsabilidade de que os traballos foron realizados deste xeito.

2. Certificación bancaria a nome do titular do terreo, no caso das agrupacións esta conta deberan ser titulares solidarios tódolos titulares que forman parte da agrupación. Excepto no caso de agrupacións legalmente constituídas.

3. Declaración de outras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.

4. Aval bancario no caso de pago parcial no caso de axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 €, que deberá axustarse ó regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, de 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas.

 

 

 

 

Ante calquera dúbida, poñerse en contacto con:

 

 

 

 

 

 

- NOBILIS, Xestión Técnica -

ALFREDO LOUREIRO GARCÍA

TLF.: 678.469.357

www.nobilis.es.vg

nobilisxt@hotmail.com

A ESTRADA. PONTEVEDRA