CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Organismo:
|
Capítulo: Epígrafe: |
|
|
|
|
|
(Para cubrir no “Diario Oficial de
Galicia”) |
|
SUMARIO:
|
Orde de de de
2006 de axudas a silvicultura en bosques no medio rural. |
TEXTO:
(Escribir a dous espacios)
A Lei 14/2004, do 29 de
decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto
refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto
lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei
estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo a Lei
7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2006 aproba os presupostos para o presente ano.
O regulamento comunitario 1257/99 sobre axudas ao desenvolvemento rural
establece no seu artigo 30 que a axuda á silvicultura destinarase, entre outras
accións, ás inversións efectuadas en bosques que teñan por obxecto un aumento
significativo do valor económico, ecolóxico ou social dos mesmos.
A Xunta de Galicia, de acordo co
establecido nos artigos 27.10 e 27.30 do
Estatuto de Autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e
aproveitamentos forestais, así como para dictar as normas adicionais sobre protección
do medio ambiente e da paisaxe.
A Consellería do Medio Rural segundo
o establecido no Decreto 232/2005, do 11 de agosto (DOG nº 155, do 12 de
agosto) polo que fixou a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de
Galicia e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a
estructura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía
Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como
obxectivos os seguintes:
a) Mellorar silvícolamente as masas forestais existentes con especial atención
á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias.
b) Obter montes arborizados con produccións elevadas e de calidade que
posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a
consolidación de aproveitamentos complementarios.
c) Promocionar a silvicultura de xeito que contribúa como fonte de xeración
de emprego das persoas que viven no medio rural.
Para a aplicación do Regulamento
Comunitario citado e tras elaborarse o correspondente Programa Operativo
Integrado de Galicia no que a silvicultura figura no eixe 3.9 é necesario
publicar a presente orde.
O Decreto 287/2000, de 21 de
novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade
Autónoma de Galicia. Por outro lado a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de
subvencións ten por obxecto a regulación do réxime xurídico xeral das
subvencións outorgadas polas administracións públicas
En consecuencia de acordo co
disposto na Lei 1/1.983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
Presidente e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo 1.- Obxecto
Constitúe o obxecto da
presente orde o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
O disposto na presente
Orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma
de Galicia, con exclusión de:
-
Os bosques ou outras superficies forestais que
sexan propiedade das administracións centrais ou autonómicas.
-
Os bosques e outras superficies forestais
propiedade da Coroa.
-
Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando
alomenos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións
anteriormente citadas.
Artigo 3.- Actuacións
obxecto de axuda e importes.
Os importes de subvención corresponderanse, como máximo,
no caso das comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións e
outros co 75 % do importe de inversión, e no caso de propietarios particulares
co 50 % do importe de inversión (ver anexo V).
Importes de inversión por actuación:
1º Apartado. Clareos en rexenerados de coníferas con
diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm:
1.1.- Clareos en
rexenerados de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm.:
933,00 €/ha.
1.2.- Triturado ou extracción para o
aproveitamento de biomasa dos restos dos clareos en rexenerados de coníferas:
533,00 €/ha.
Non se poderá solicitar o triturado
dos restos no caso que o clareo se realice de forma sistemática e mecanizada,
agás no caso de extracción dos restos para o aproveitamento de biomasa.
2º
Apartado. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas:
2.1.- Rozas previas á realización de podas en masas de
coníferas: 400,00 €/ha.
2.2.- Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima
de 2 m, con diámetro normal medio comprendido entre 12 e 16 cm.: 533,00 €/ha.
2.3.- Podas altas en masas de coníferas, ata unha altura
mínima de 4 m e máxima de 6 m. cunha densidade de entre 800-1.100 pés/ha,
sempre e cando se xustifique debidamente na memoria técnica que o
aproveitamento final sexa para serra e buscando os 400 pés/ha.: 640,00 €/ha.
2.4.- Triturado
restos de poda ou extracción para o seu aproveitamento de biomasa: 533,00 €/ha.
Dentro deste apartado,
terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (2.2 ou 2.3) podéndose solicitar
sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas (2.1). Non se
solicitará na mesma superficie a poda ata 2 m (2.2) e a poda de 4 a 6 m (2.3)
3º Apartado. Tratamentos silvícolas de consolidación en
masas de frondosas caducifolias con diámetro normal medio da masa inferior a 12
cm. (Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada
por frondosas caducifolias):
3.1.- Rozas: 640,00 €/ha
3.2.-
Poda ata 1/3 da altura como mínimo e formación de guías: 400,00 €/ha.
3.3.-
Selección de brotes: 640,00 €/ha.
3.4.- Clareos: 480,00
€/ha.
Dentro deste apartado,
poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie
sempre que o importe por hectárea non supere os 1.760,00 €
4º Apartado. Rexeneración e/ou mellora de soutos de
castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés /ha:
4.1.- Rozas: 640,00
€/ha.
4.2.- Podas: 600,00 €/ha.
4.3.- Tratamento fitosanitario: 93,00
€/ha.
4.4.- Aumento da densidade dos
soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta: 133,00
€/ha.
Dentro deste punto, poderán
solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que
o importe por hectárea non supere os 1.333,00 €/ha.
5º Apartado. Coidados
culturais en mouteiras declaradas destinadas á producción de semente selecta,
segundo a orde de 17 de marzo de 2005: Ata 1.333,00 €/ha a xustificar en
memoria técnica.
As actuacións indicadas nos apartados
1º, 2º, 3º, 4º e 5º deste artigo non poderán
solicitarse sobre unha mesma superficie.
Non
se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa subvencionadas
nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
O IVE non é subvencionable.
Artigo 4.- Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios
os titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de
dereito público ou privado, e agrupacións de titulares formadas por un mínimo
de 2 membros.
Non poderán ser beneficiarios
as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarias dos terreos obxecto
de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un
terceiro.
Artigo 5.- Distribución do
crédito e criterios de prioridade.
A.- Distribución do
crédito.
1.- Clareos en rexenerados de coníferas
con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm.: 1.300.000,00€
2.- Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:
2.6000.000,00 €
3.- Tratamentos
silvícolas de consolidación de masas de frondosas caducifolias con diámetro
normal medio da masa inferior a 12 cm,: 1.300.000,00 €
4.- Rexeneración
e/ou mellora de soutos de castiñeiros: 975.000,00 €
5.- Coidados culturais en mouteiras declaradas
destinadas á producción de semente: 325.000,00€
Reservarase as seguintes
porcentaxes de dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo13, segundo tipo
de titular:
-35 % para comunidades de montes veciñais en man
común: 2.275.000,00 €.
-30 % para agrupacións de propietarios particulares
e outros: 1.950.000,00 €.
-35 % para propietarios particulares de xeito
individual: 2.275.000,00 €.
Enténdese por “Outros” as
entidades con personalidade xurídica que sexan propietarias dos terreos nos que
solicita a axuda (Entidades locais, Sociedade Agrícola de Transformación,
Sociedade Anónima, Sociedade Limitada, Sociedade Cooperativa Limitada, ...).
No caso de que unha vez priorizados os expedientes
solicitados non se cubra a totalidade do crédito especificado nos apartados, os
importes sobrantes engrosarían ós demais apartados para facer fronte ós
expedientes solicitados, se é o caso.
B.- Criterios de prioridade.
Cando as solicitudes presentadas
superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas na presente orde,
atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada un dos
apartados 1, 2, 3, 4, e 5, en función do tipo de titular e segundo o baremo
seguinte:
Apartado nº 1.- Clareos en
masas de coníferas:
- Masa principal de Pinus
pinaster o Pinus sylvestris: 1 punto por hectárea
- Masa principal de Pinus
radiata: 0,5 puntos/ hectárea
- Masa principal doutras especies: 0,25 puntos/ hectárea
- Densidade inicial maior
de 6.000 pés/ha: 3 puntos/ hectárea
- Densidade inicial entre
4.000 e 6.000 pés/ha: 2 puntos/ hectárea
- Densidade inicial menor de 4.000 pés/ha: 1 punto/
hectárea
Apartado nº2.- Rozas previas ás podas e podas en masas de
coníferas:
2.1.-
Rozas previas á realización de podas: 0 puntos/ hectárea.
2.2.- Podas ata 2 m.: 1 punto por hectárea.
2.3.- Podas de entre 4 e
6 m.: 2 punto por hectárea.
Apartado nº 3.-
Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias
(Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por
frondosas caducifolias):
3.1.- Rozas: 1 punto por
hectárea.
3.2.- Poda: 2 puntos por
hectárea.
3.3.-
Selección de brotes: 2 puntos por hectárea.
3.4.- Clareos: 1 punto por
hectárea.
Apartado nº 4.- Rexeneración
e/ou mellora de soutos de castiñeiros:
4.1.- Rozas: 2 punto por hectárea.
4.2.-
Podas: 4 puntos por hectárea.
4.3.-
Tratamento fitosanitario: 1 puntos por hectárea.
4.4.-Aumento
da densidade dos soutos: 3 puntos por hectárea.
Apartado nº 5.- Mouteiras
selectas: 1 punto por hectárea.
Outras valoracións
- Se o propietario particular é agricultor a título principal sumaranse 5
puntos.
- No
caso de agrupacións, formadas por un mínimo de 2 persoas físicas ou xurídicas,
sumaranse 2 puntos, por cada persoa que se agrupe, ó global da puntuación
obtida nos apartados anteriores. Excepto no caso de agrupacións de comunidades
de montes veciñais en man común ou de estas con propietarios particulares.
-
No caso de montes veciñais en man común, montes particulares
ou agrupacións de máis de 25 has sen convenio coa administración ou en proceso
de rescisión do convenio e todos eles con plan de xestión incluído no rexistro
de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes: 40 puntos.
-
No caso de montes veciñais en man común, montes particulares ou agrupacións de
máis de 25 has sen convenio coa administración ou en proceso de rescisión do
convenio e todos eles con plan de xestión: 35 puntos.
-
No caso de montes veciñais en man común con convenio coa administración con
plan de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans
técnicos de xestión de montes ou en proceso de inclusión: 30 puntos.
-
No caso de montes veciñais en man común con convenio coa administración, montes
particulares ou agrupacións de máis de 25 has con plan de xestión: 25 puntos.
-
Montes baixo sistema de certificación forestal sostible, sen convenio: 10
puntos.
-
No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15 % dos seus
ingresos en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos apartados
seguintes:
A)
10 puntos no caso de inversións destinadas a forestacións, tratamentos
silvícolas, contratación de cuadrillas, mellora e/ou apertura de pistas
forestais, peches gandeiros e/ou creación ou mellora de infraestructuras de
defensa contra incendios forestais.
B)
5 puntos outras melloras.
Para tódolos casos, de existir o empate,
aplicarase o seguinte e por dito orden:
1º.- Por data de rexistro de entrada
da solicitude de axuda, terán máis prioridade as solicitudes que antes se
presenten.
2º.- No caso de solicitudes de axuda
que se lles requirise a subsanación e/ou entrega de documentación, por data de rexistro
de entrada de dita documentación, terán máis prioridade as solicitudes que
antes teñan a súa documentación completa. As solicitudes que se presenten con
toda a súa documentación completa terán máis prioridade que as solicitudes ás
que se lles faga requirimento de subsanación.
3º.- No caso de empate, prevalecerá
o número máis alto formado polas catro últimas cifras do D.N.I ou C.I.F. do
titular do terreo.
Artigo 6.- Superficies forestais mínimas e máximas para
solicitar axudas.
1.-A
superficie mínima continua de actuación será 1 hectárea para propietarios particulares
e de 3 hectáreas para C.M.V.M.C. e agrupacións de propietarios particulares e
outros, agás para rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros que terán
unha superficie mínima continua de 0.5 hectáreas, e agás para mouteiras
selectas e parcelas de experimentación nas que non se fixa superficie mínima.
A superficie máxima será de 5
hectáreas para cada solicitude de propietarios particulares e de 25 hectáreas
para cada solicitude de C.M.V.M.C. e
agrupacións de propietarios particulares e outros.
Admitiranse solicitudes
con máis dunha superficie de actuacion, aínda que non sexa en coto redondo,
sempre que cada un deles supere a superficie minima e esten no mesmo concello,
excepto agrupacións de propietarios.
2.- Non se admitirán
agrupacións con máis dunha mouteira.
3.- En zonas cun
procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables
as axudas solicitadas en terreos nos que o acordo de concentración sexa firme.
4.- Os terreos cun proceso
de expropiación iniciado non poderán beneficiarse das presentes axudas na parte
afectada.
5.- Os montes consorciados
coa Administración non poden solicitar as axudas, se ben aqueles montes para os
que se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con
anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda.
Artigo 7.- Condiciones técnicas das inversións.
1.
- As Memorias Técnicas de tratamentos culturais, deberán ser redactadas por Enxeñeiro de Montes ou Enxeñeiro
Técnico Forestal e visados polo correspondente Colexio Oficial.
2. - Os restos que se obteñan como consecuencia da
realización dos coidados culturais do voo, excepto no caso de tratamentos
silvícolas de consolidación de masa de frondosas caducifolias e rexeneración
e/ou mellora de soutos de castiñeiros, con diámetro en punta delgada superior a
6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm ou ben extraídos do
predio obxecto de axuda para ser empregados como aproveitamento de biomasa,
debéndose xustificar documentalmente dito aproveitamento xunto coa notificación
de remate dos traballos.
3. – As rozas previas ás
podas en masas de coníferas (2.1) soamente poderán solicitarse naqueles terreos
onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das
podas (2.2 e 2.3) poderá superar a metade da altura da arbore.
A poda alta (2.3) soamente
poderá solicitarse en masas destinadas a obter madeira de serra de calidade,
xustificándose debidamente na memoria descritiva.
4.- A ferramenta a
empregar nos traballos de rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros deberá
estar desinfectada ou esterilizada para evitar a propagación de enfermidades ou
pragas.
5.- Nas superficies de
actuación que formen parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta
de Galicia os beneficiarios comprométense a cumprir co establecido no Manual de
boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do Sistema de
Xestión Forestal Sostible da Xunta de Galicia.
6.- Nas memorias
descritivas presentadas xunto coa solicitude de axuda, farase constar se a
superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de
Santiago ou si existen obxectos ou restos materiais que formen parte do
Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
Artigo
8. - Solicitudes e documentación.
As solicitudes das axudas
deberán ser cumprimentadas nos modelos formalizados ó efecto (anexo I) e
facilitados polos órganos da Consellería do Medio Rural. Ditas solicitudes
presentaranse nas oficinas da mesma, nas súas Delegacións Provinciais ou na
forma prevista no artigo 38 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico
das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e irán
dirixidas ó Excmo. Sr. Conselleiro do Medio Rural.
Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada
petición realizada sobre diferentes concellos.
Cada titular poderá pedir
axuda en cada solicitude para un só apartado do artigo 3.
Dos
apartados do artigo 3 un titular poderá presentar como máximo 2 solicitudes por
concello e para dous apartados distintos de dito artigo. Excepto no caso de
agrupacións de propietarios, nas que se admitirá máis dunha solicitude por
concello e para un mesmo apartado do artigo 3, sempre e cando, cada solicitude
sexa para un só coto redondo ou mouteira.
Os impresos debidamente
cumprimentados, deberán ir acompañados da seguinte documentación:
1. - En xeral:
a) Fotocopia do D.N.I.,
N.I.F. ou C.I.F. do titular dos terreos.
b) Para coidados culturais
memoria descritiva, xunto co orzamento e planos sobre planos con escala mínima
1:5.000 ou no seu defecto 1:10.000, no cal se indiquen as actuacións a levar a
cabo. Excepto no caso de propietarios particulares que presentaran o anexo IV
.- Documento descritivo das actuacións.
c) Declaración do titular dos terreos obxecto de
axuda do conxunto de tódalas solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas
para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ó abeiro da presente
orde, ante as administracións públicas competentes ou de outros entes públicos.
d) Anexo III de datos
identificativos SIXPAC no caso de que os terreos obxecto de solicitude de axuda
teñan máis de unha referencia SIXPAC, no caso de unha soa, cumprimentarase na
carátula. Naqueles concellos que non teñan asignadas referencias SIXPAC presentaranse
as referencias catastrais en vez das referencias SIXPAC.
2. - Para todo tipo de
titulares de terreos forestais, excepto Comunidades de Montes Veciñais en Man
Común:
2.1- No caso de ser
propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración
xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da propiedade. En dita
declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome das
fincas, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e localización das mesmas.
No suposto de que o terreo sexa
propiedade de varios copropietarios, ademais se presentará documento
privado no que se acredite o consentimento de tódolos codonos e a designación
dun solicitante – representante (que terá que ser un deles).
2.2. - No caso de ser
arrendatario: fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento.
3. - Para Comunidades de
Montes Veciñais en Man Común:
3.1. - Certificado do
acordo tomado en Asemblea Xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao
presidente da comunidade ou previa xustificación, a un membro da xunta rectora,
a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións
obxecto da solicitude.
4. - Documentación
complementaria
4.1. -Para outras
entidades con personalidade xurídica que deberán ser propietarias dos terreos
nos que solicita a axuda (Sociedade Agrícola de Transformación, Sociedade
Anónima, Sociedade Limitada, Sociedade Cooperativa Limitada, ...):
4.1.1. -Documentación
acreditativa de constitución.
4.2. - Para agrupacións
forestais:
4.2.1. - Modelo
constitutivo segundo o anexo II o representante da agrupación deberá ser un dos
integrantes da mesma.
Para que o beneficiario
sexa a propia agrupación forestal: a agrupación deberá estar legalmente
constituída e presentar o C.I.F. acreditativo da mesma.
4.3.- Para propietarios
particulares que sexan agricultores a título principal: documento xustificativo
de estar de alta no réxime especial agrario.
5.
- Documentación adicional.
5.1.- No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan
de xestión incluído no rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos de
xestión de montes, documento indicando o dito caso.
5.2.-
No caso de montes veciñais en man común sen convenio ou en proceso de
rescisión, documentación acreditativa del.
5.3.-
No caso de montes con proxecto de ordenación, plan técnico ou plan de xestión,
documentación acreditativo del.
5.4.-
Monte baixo sistema de certificación forestal sostible, sen convenio:
Documentación xustificativa.
5.5.-
No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15 % dos
seus ingresos en melloras do monte: Documentación xustificativa de ditas
inversións e tipo de investimento realizado.
Artigo 9. -Prazos.
O prazo de presentación de
solicitudes comezará ó día seguinte á publicación no D.O.G. da presente Orde e
finalizará transcorrido un mes dende dita data.
Os traballos obxecto de
solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.
Artigo 10. - Tramitación.
1. - Unha vez presentada a
solicitude revisarase a documentación da mesma e no caso de que conteña
defectos u omisións non esenciais, seralle requirida ó solicitante a
subsanación, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de
conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/1999,
con indicación de que si así non o fixera teráselle por desistido da súa
petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no
artigo 42 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/1999.
2. – O órgano competente para levar a cabo a
tramitación da presente orde de axudas é a Dirección Xeral de Montes e
Industrias Forestais. Os Servizos provinciais de Montes e Industrias Forestais
proporanlle ao órgano colexiado composto polo Subdirector Xeral de Recursos Forestais,
polo Xefe de Servicio de Producción e Industrias Forestais e polo Xefe de
Sección de Fomento Forestal que actuará como secretario, a aprobación das
solicitudes presentadas que cumpran tódolos requisitos desta orde, o órgano
colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios de prioridade
establecidos no artigo 5 e formulará proposta de concesión ao Director Xeral de
Montes e Industrias Forestais que pola súa vez a elevará ao Conselleiro do
Medio Rural. O Conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das
axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos
principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia,
igualdade e non discriminación.
3. - A Consellería do
Medio Rural comunicará no prazo máximo de 6 meses, podéndose ampliar segundo o
indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das axudas ou a
denegación razoada da solicitude.
4. – No caso de non recaer
resolución expresa nun prazo de 6 meses a partir da data de entrada en vigor da
presente orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen
prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme ó disposto nos
artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada
pola Lei 4/1999. Ditas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes
dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo.
Contra a resolución
aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a
interposición do recurso potestativo de reposición ante o Conselleiro do Medio
Rural, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte á
recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se
entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada
directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous
meses si a resolución fora expresa ou seis desde que se entenda desestimada por
silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992,
modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, de 13 de xullo, da
xurisdicción contencioso - administrativa.
Na resolución indicarase o
prazo para a realización dos traballos que con carácter xeral non será inferior
a 2 meses.
Excepcionalmente, poderá
acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante
motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados
tódolos medios a disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo
42.6 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/99.
No caso de comunidades de
montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios ou outros, nun prazo
dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación deberase
presentar unha memoria técnica asinada por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro
técnico forestal e visado polo correspondente colexio oficial e unha copia
deste, que terá exactamente os mesmos datos que a memoria descritiva das
actuacións presentada coa solicitude de axuda, e o nomeamento dun director dos
traballos, que obrigatoriamente terá que ser enxeñeiro de montes ou enxeñeiro
técnico forestal, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito
nomeamento.
A planimetría da memoria técnica presentarase
xeorreferenciada en coordenadas UTM, huso 29, con referencia ó datum de
traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000,
e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estructurado da seguinte
maneira:
|
Elementos do
plano |
Nivel ou capa |
Color |
|
Límite de monte |
1 |
Azul |
|
Límite de rodais de actuación |
2 |
Vermello |
|
Pistas existentes |
3 |
Verde |
|
Devasas existentes |
4 |
Amarelo |
|
Puntos de auga existentes |
5 |
Negro |
|
Especies existentes no rodal (texto) |
6 |
Negro |
5. -Realizarase unha
inspección no campo por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, para
verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a
viabilidade dos traballos. Esta inspección poderá realizarse antes da
resolución de aprobación.
6. - A modificación da
inversión deberá ser xustificada e esixirá autorización previa da Consellería
do Medio Rural a proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais
previa proposta dos Servizos de Montes e Industrias Forestais, de conformidade
co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
7. - A axuda definitiva
será a resultante da certificación final realizada por dous funcionarios da
Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección
en campo.
Coa certificación poderase
modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se houbese
realizado un menor número de unidades de obra das aprobadas.
Poderán admitirse
certificacións parciais, a petición por escrito do solicitante, para importes
de certificación superiores a 12.020,24 €
As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de
antelación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terán unha
duración máxima de 6 meses e serán propostas polos Servizos de Montes e
Industrias Forestais, ó Director Xeral de Montes e Industrias Forestais quen
elevará proposta ó Conselleiro do Medio Rural que resolverá.
8. - Xunto coa
notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:
- Facturas polo importe total da inversión máis
IVE, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de
novembro. No caso dos propietarios particulares de xeito individual que
realizaron os traballos polos seus propios medios será suficiente a
presentación dunha declaración baixo a súa responsabilidade de que os traballos
foron realizados deste xeito.
- Certificación
bancaria a nome do titular do terreo, no caso das agrupacións esta conta deberan
ser titulares solidarios tódolos titulares que forman parte da agrupación.
Excepto no caso de agrupacións legalmente constituídas.
- Declaración de outras
axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.
-
Aval bancario no caso de pago parcial no caso de axudas totais aprobadas
maiores de 30.050,61 €, que deberá axustarse ó regulado no artigo 17 do Decreto
287/2000, de 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas.
Artigo 11. - Comprobacións
1. - O beneficiario
comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade
concedente e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da
Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás
previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de
acordo co disposto no artigo 78.4.d) do Decreto Lexislativo 1/1999, de 7 de
outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime xeral e
orzamentario de Galicia, e o capítulo V do Decreto 287/2000, de 21 de novembro,
que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma
de Galicia.
2.- A solicitude non
implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución
favorable á petición.
3.- O órgano colexiado,
composto polo Subdirector Xeral de Recursos Forestais, polo Xefe de Servicio de
Producción e Industrias Forestais e polo Xefe de Sección de Fomento Forestal
que actuará como secretario, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes
de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias
e coa Seguridade Social, nas agrupacións de propietarios todos os membros
cumpriran ditas obrigas. No caso de concesión da axuda, dita comprobación tamén
se levará a cabo antes de cada pagamento.
Artigo 12. - Revogacións
1. - A axuda poderá
revogarse, total ou parcialmente, si se da algún dos seguintes supostos:
a)
Execución de menos do 80% das accións previstas,
sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.
b)
Incumprimento dos prazos para realizar os
traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou
se é o caso da prórroga concedida.
c)
Modificacións graves das accións previstas, de
forma que desvirtúen os obxectivos descritos na presente Orde.
d)
Por incumprimento das disposicións legais de
aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fines distintos ós
sinalados na solicitude.
e)
Obtención da subvención sen reuni-los requisitos
esixidos para a súa concesión.
f)
Incumprimento do dictado en calquera dos artigos
desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.
g)
Incumprimento da finalidade para a que foi
concedida a subvención.
h)
Incumprimento das condicións impostas ás entidades
colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda
pública.
i)
Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de
difusión contidas na Lei 14/2004.
j)
Resistencia, escusa, obstrucción ou negativa ás
actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas
contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando derive a
imposibilidade de verificar o emprego dado os fondos percibidos, o
incumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades
subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos
para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou
privado, nacionais, da Unión Europea oi de organismos internacionais.
k)
A adopción, en virtude do establecido nos artigos
87 a 89 do tratado da Unión Europea, dunha decisión da que derive unha
necesidade de reintegro.
Nestes supostos, a
Consellería reclamará directamente a devolución das cantidades abonadas en
concepto de axudas e os intereses de demora devengados dende o seu pagamento,
de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia. sen
prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar.
3. - Nos casos de
anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente
aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a
outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecido.
4.- O réxime sancionador
aplicable á presente orde é o disposto no artigo 79 do Decreto Lexislativo
1/1999, do 7 de outubro, texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia.
As accións previstas na
presente orde financiaranse de maneira bianualizada por parte da Consellería do
Medio Rural con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.614C.770.0, no ano 2006
cunha dotación inicial de 3.697.914,00 euros e no ano 2007 cunha dotación
inicial de 2.802.086,00 euros, o que fai unha dotación total de 6.500.000,00 euros,
dotación que poderá ser ampliada con fondos propios, do Estado ou comunitarios.
Artigo 14. – Alteración de
condicións.
Toda alteración das
condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a
obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras
administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais
poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Artigo 15.- Compromisos.
O titular dos terreos
comprométese a manter o investimento realizado durante un mínimo de 5 anos
segundo o especificado na liña d) da disposición adicional segunda do Decreto
287/2000 e ata a quenda da masa.
Artigo
16.- Limitacións
1.- As actuacións indicadas nos apartados 1º, 2º, 3º,
4º e 5º do artigo 3 da presente orde,
non poderán solicitarse sobre
unha mesma superficie.
2.- Non se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa
subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
3.- O IVE non é subvencionable.
4.- Non se admitirán
agrupacións con máis dunha mouteira (OU COTO REDONDO).
5. – As rozas previas ás
podas en masas de coníferas (2.1) soamente poderán solicitarse naqueles terreos
onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das
podas (2.2 e 2.3) poderá superar a metade da altura da arbore.
6.- Cada titular poderá
pedir axuda en cada solicitude para un só apartado do artigo 3.
Dos
apartados do artigo 3 un titular poderá presentar como máximo 2 solicitudes por
concello e para dous apartados distintos de dito artigo.
Admitiranse
solicitudes con máis dunha superficie de actuacion, aunque non sexa en coto
redondo, sempre que cada un deles supere a superficie minima e esten no mesmo
concello, excepto agrupacións de propietarios.
7.- Os traballos obxecto
de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.
Primeira.- As axudas concedidas na presente orde son
incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con
calquera outro réxime de axudas comunitarias.
Segunda.- No suposto de que as accións previstas na
presente Orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total
máximo consignado inicialmente para as mesmas, os remanentes de crédito poderán
ser utilizados en atender outros proxectos.
Primeira.- Facultase ó Director Xeral de Montes e
Industrias Forestais para dictar tódalas disposicións complementarias co
obxecto de desenvolver a presente Orde.
Segunda.- A presente orde entrará en vigor ó día seguinte
da súa publicación no diario oficial de Galicia.
Santiago, de de 2006
Alfredo Suárez
Canal.
CONSELLEIRO
DO MEDIO RURAL.