Vilagarcía de Arousa | Sábado, 5 de Noviembre de 2005

Un millón de árbores autóctonas reforestarán as zonas queimadas
 

Caja Madrid colaborará coa Consellería de Medio Rural para a reforestación o próximo outono cun millón de árbores autóctonas de entre 100 e 150 hectáreas dunha das zonas galegas afectadas polos incendios forestais o pasado verán.

AXENCIAS SANTIAGO
 
Este proxecto foi presentado onte en Santiago ao conselleiro ao conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, pola directora xeral de Centros Culturais e Medio Ambientais da Obra Social de Caja Madrid, Elena Gil García, quen enmarcou esta iniciativa na que leva desenvolvendo esta entidade financeira en diferentes zonas españolas afectadas polos incendios, co obxecto de mitigar o risco de deforestación .

Gil García destacou o interese de Caja Madrid por traer este proxecto a Galicia, sobre todo, tras o verán que rexistrou a comunidade galega cun mes de agosto con días nos que se chegaron a contabilizar cen focos diarios.

 

Terra > A zona seleccionada para a plantación deste millón de árbores autóctonas será decidida por técnicos da Consellería de Medio Rural. Caja Madrid confía en que será elixida en breve prazo , pola importancia de iniciar antes os traballos previos para preparar a terra.

A importancia da reforestación foi posta de manifesto durante os últimos días cando as intensas chuvias levaron consigo toda a terra superficial que quedou desprotexida a causa dos lumes.

Este efecto foi más visible naqueles lugares, como O Pindo, que a causa da súa altitude provocou importantes enxurradas monte abaixo.

Está zona do municipio de Carnota sufriu un importante incendio o pasado verán que arrasou a superficie arborada deixando a terra do monte a disposición dos fortes ventos e das intensas chuvias, que este ano foron especialmente copiosas nas últimas datas.