Martes, 5 de agosto de 2003 Índice DEZA-TABEIRÓS

 

 

 

O regreso das vacas ós pastos

O uso dos pastos axuda a reducir custos de producción. / BERNABÉ

Redacción / LALÍN

Avolta ós pastos como base da producción leiteira é a tese defendida por un estudio de Antonio González, técnico do Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, dependente da Xunta. González sostén que a intensificación a base de concentrados non parece o xeito de traballo máis apropiado para o nivel de carga gandeira da explotación media galega: "A especialización leiteira fíxose nos últimos anos un pouco ás costas dos recursos da explotación, o que supuxo importantes gastos en forraxe, concentrados, maquinaria ou grandes tanques de purín".

O técnico sitúa o prototipo de granxa en Galicia nunha producción de 6.000 litros por vaca e 2,5 vacas por hectárea (18 ferrados), con doses de concentrado duns 2.000 quilos por vaca e só un 20 por cento do leite baseado en forraxes.

A situación de intensificación é cuestionada por González: "Obsérvase unha baixada da fertilidade do rebaño (...) e prodúcese un alto índice de reposición, que se fixo máis evidente en vacas de alto mérito xenético leiteiro" explica o técnico en declaracións publicadas na última revista de Xóvenes Agricultores.

Fronte a esa situación, González salienta as vantaxes do pastoreo, coma o menor tempo de estabulación, que incide nun menor almacenamento de puríns e na mellora do estado sanitario dos animais, "con menos problemas de patas e respiratorios, coas ubres máis limpas e con menor mamite que as vacas estabuladas".

O estudio considera que o desafío está en axustar os sistemas de pastoreo tradicionais para que a contribución do pasto sexa máxima, usando o concentrado só como suplementación limitada". Para isto, é preciso garantir unha alta calidade do pasto durante toda a estación de pastoreo, o que mellorará os resultados das vacas con dietas centradas no pasto.

 

Imprimir Subir

 

Noticia anterior: El albergue de Medelo recibe 30 peregrinos en dos meses
Siguiente noticia: "Se non seguise a traballar na obra, coa xente, non sabería que contar"

 

© FARO DE VIGO, 2003. Todos los derechos reservados digital@farodevigo.es