-Delegado
da Consellería de Medio Ambiente
Isidoro Dios López, co D.N.I. 35.149.748-K e domicilio no lugar de
Caticovas nº 2 B en Meis, como Presidente da Asemblea e da Xunta Rectora da
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente de Nogueira, en
cumplimento das obrigas que por Lei me corresponden, teño o deber de por no seu
coñecemento o seguinte:
Nos montes de que é propietaria a Comunidad de Montes que presido,
especialmente no Castrove, existe gando solto sen o permiso correspondente da
nosa Comunidade. Este gando, coidamos, sen control, pode ocasionar accidentes,
dano á saude pública e perjuizos en fincas y repoboacións.
Por outra banda existen sinos de que, sobranceiramente, os festivos e
fins de semana, utilizanse os nosos montes, tamén sen permiso, por
motociclistas co conseguinte deturpamento de pistas e cortalumes e risco de
accidentes.
Todo o cal EXPOÑO ós efectos legais acaídos.
No
caso dos precisaren van uns teléfonos de contacto:
Isidoro Dios López
Tfo.: 986-712264
Luis
Cancela Vázquez "
: 617.386188
Celso Milleiro Fariñas
" :
607.895410
Coa seguridade de que
atoparemos unha resposta axeitada reciba un saúdo,
En San Vicente, a 13 de Xuño do 2.002
O Presidente
-Isidoro A. Dios López-
31.07.002 XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
SERVICIO DE MONTES E I.F.
Sr. Presidente da CMVMC de
San Vivente de Nogueira-Meis
En contestación ó seu escrito de data 14-06-02, nº de rexistro 4086, sobre o gando solto sen permiso da Comunidade, comunicamoslle que mentras non existan novas normas ó repecto, o procedemento precautorio consiste na incautación, depósito e posterior subasta das reses, amparándose no artigo 615 do Código Civil, que se realizará polos alcaldes dos concellos nos que se detecten, que poden dictar bandos de policía sobre seguridade administración e control de reses mostrencas ou abandonadas e que serán publicados no Boletín Oficial da Provincia.
Por outra banda remítese copia do seu escrito ó Distrito Forestal Caldas Salnés, para reralizar unha investigación e revisar os danos sobre as repoboacións e sobre a infraestructura de pistas e cortalumes.
O xefe do Servicio de Montes e I.F.
Manuel Francisco
Gutiérrez O corimbo
dí: 01 AGO 2002
Núm. Rexistro 5105 SAÍDA