AVIÓN

ANUNCIO

Unha vez vista a situación xurídica co gando que, en estado de liberdade se atopa na Serra do Suído, no seu territorio pertencente a este termo municipal de Avión, o cal, nalgúns casos, está fora de todo control sanitario oficial, non tendo, por conseguinte, suficientes garantías para o resto da cabaña, así como representando un risco importante para a saúde pública.

Visto que este gando comprende, basicamente, dous supostos de orixe distinta pero de tratamento unitario, por aplicación da vixente lexislación sobre a materia, sendo este, por unha banda o "gando mostrenco", regulado polo Real decreto do 24 de abril de 1905, sendo aquel gando sen dono coñecido que se atope no campo, nas poboacións, nas vías pecuarias ou noutros sitios públicos abandonado, e por outra banda o "gando abandonado", propiamente dito e regulado pola Lei do Parlamento de Galicia 1/1993, sendo este o que circula libremente aínda que estea provisto da correspondente identificación, sexa por placa ou tatuaxe, se trala súa captura non é reclamado por niguén que acredite a súa relación posesoria.

Vista, igualmente, a lexislación vixente aplicable en materia de saneamento gandeiro, basicamente, o Decreto do 4 de febreiro de 1955, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Epizootías, así como o Real decreto 2611/1996, do 20 de dececmbro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais, e vistas as atribucións e competencias que conceden tanto ós Concellos como ás Comunidades autónomas.

Tendo en conta a responsabilidade esixible tanto ós donos como ós pusuidores dos ditos animais, establecida na lexislación citada así como nas demais de dereito administrativo e na propia da esfera privada, recollida, fundamentalmente, no Código Civil, tamén aplicable ó caso. E vistas, por outra banda, as directivas europeas, sobre todo o Regulamento 494/1998, da Comisión da Comunidade Europea do 27 de febreiro, e a lexislación nacional dictada ó abeiro da dita directiva, na que se establece que os animais ós que lles son de aplicación éstas normas poderán ser eliminados baixo a supervisión das autoridades veterinarias, sen que se conceda indemnización ningunha por parte das autoridades competentes. É polo que, por medio do presente anuncio, disponse:

Primeiro: concederlles os propietarios, posuidores ou calquera outras persoas que se consideren na tenencia dalgún tipo de dereitos sobre estes animais, un prazo de trinta días, contados a partir da data de publicación deste anunciono BOP de Ourense, para que procedan á súa recollida e posta a disposición deste Concello de Avión para os efectos de que polos Servicios veterinarios oficiais poda regularizarse a situación sanitaria destas reses.

Segundo: dar publicidade do presente anuncio a través de bandos, anuncios de prensa, inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, así como mediante comunicación ós concellos limítrofes a este de Avión e que se atopen afectados por ter no seu terrotorio parte da Serra do Suído, para os efectos de xeral coñecemento e evitar posibles indefensións ou nulidades de tramitación.

Terceiro: transcorrido o anterior prazo o Concello de Avión, baixo a coordinación e supervisión dos Servicios veterinarios oficiais, procederá, ben por si ou delegando nos organismos da Comunidade Autónoma, a recoller e, se e o caso, sacrifica-lo gando que, non sendo posto á súa disposición para os efectos previstos no punto anterior, se atope nunhas condicións sanitarias incorrectas.

Cuarto: neste último caso, se a posibilidade de suxeición e captura deste gando non puidera realizarse por dificultades do seu manexo, das propias condicións orográficas do terreo, ou por risco para a integridade das persoas, bens ou outros animais, poderá procederse ó sacrificio das reses "in situ", mediante pistola ou fusil de bala, sendo a autoridade competente para isto a da Comunidade Autónoma.

Quinto: con todo o establecido nas presentes disposicións, así como dos prazos, actuacións e medidas a adoptar, maniféstase a conformidade expresa do Iltmo. Sr. Delegado provincial en Ourense da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia.

Avión, 8 de agosto de 2000.- O alcalde