Medios de comunicación.

 

As Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común de Campaño (Concello de Pontevedra),  Curro (Concello de Barro), San Vicente de Nogueira, Armenteira, San Martiño, San Salvador de Meis, Santo Tomé de Nogueira (do Concello de Meis), Arén, Tarrío, Rega dos Agros, San Xoán, San Salvador (do Concello de Poio), afectadas polo incendio forestal que asolóu o Monte Castrove, reunidas en asemblea con carácter de urxencia no día de hoxe, acordan facer público o seguinte comunicado publico:

1º.- A Consellaría de Medio Rural non mantivo a nível oficial reunión algunha coas comunidades de montes afectadas dende o incendio do més de Agosto, donde expoñer  dende ás posíbeis causas da orixen do lume, valoración da superficie afectada, planos de actuación da Consellaría, asesoramento, ¿Cal é o deseño da nova política de montes? ¿Cal a súa aplicación no Castrove? Etc. etc.

2º.- Ata o de agora, tan so asistiu un representante a unha reunion co Xefe de Montes e Industrias Forestáis en Pontevedra, para informar dás sementeiras, barreiras de protección e voluntarios.

3º.- A agrupación de comunidades afectadas elaboróu por conta propia cunha empresa técnica un proxecto de planeamento básico de defensa contra ós lumes forestáis, co obxecto de que cada comunidade adapte o mesmo o seú propio plano de xestión. Foi entregado na Delegación Provincial de Medio Rural hai máis dún més, sen ter unha resposta a día de hoxe.

4º.- As comunidades teñen coñecemento de que o lugar de orixen do incendio forestal que arrasóu o Castrove a primeiros de Agosto, está situado na Parroquia de Curro (Barro). Tanto no més de Xullo como na primavera, na zona de inicio teñénse producido numerosos conatos e pequenos incendios, con numerosas reproduccións (por quedar mal apagados), sen que se saiba que tipo de medidas se acometeron en canto a vixiancia, actuacións policiáis, concentración de medios de extinción, etc. tendo en conta ós constantes intentos incendiarios. Asemade tampouco se sabe cales foron ós criterios  prantexados na extinción para que éste acadara tal dimensión.

5º.- As comunidades de montes recibimos unha herdanza forestal da década dós 60-70. As Administracións non promoven o asesoramento que a propia Lexislación de Montes Veciñáis en Mán Común contempla para unha bóa xestión dos mesmos. Polo tanto si hái algunha desfeita é pola propia incompetencia política.

As comunidades do Castrove, solicitarán o vindeiro Lúns dia 4 entrevistas tanto na Delegación Provincial da Consellaría de Medio Rural como o propio Conselleiro, co obxecto de que se informe puntualmente e non se manteña por mais tempo esta situación.

Convocase unha asemblea informativa para o vindeiro dia 12 de Decembro no local da Comunidade de Curro, as 20,00 horas.

 

Curro-Barro,  1 de Decembro de 2006

Polas Comunidades de Montes:

 

 

Asdo.: Claudio Quintillan Vallejo.

Tfno.: 679233474