Ola a todos/as:
Hoxe día 4 de Setembro de 2006, tivo lugar en Compostela a reunión da Mesa da Madeira convocada pola Consellaría de Medio Rural.
Dita mesa está composta por representantes da Consellaría: Conselleiro, Director Xeral de Montes e Industrias Forestáis, Dirección de Investigación e Desenvolvemento Sostible, Subdirector de R. Forestáis, CIS-Madeira, Clúster da Madeira, FEARMAGA, Monte-Industria, ASEFOGA, AFG, AFRIFOGA, SILVANUS, PROMAGAL, FROUMA e OGCMVMC (éstos 7 últimos en representación dos propietarios(particulares e montes veciñáis).
Dentro da orde do día, tratáronse 3 apartados: 1.- A vaga de lumes do 4 ó 15 de Agosto. 2.- Os danos na madeira. 3.- Xestión do futuro.
Escomenzóu o punto 1, o Conselleiro de Medio Rural dando a análise da Consellaría sobre ós lumes, destacando a concentración de 1000 lumes entre ós días 4 o 13 de Agosto, o entorno de Compostela cun número multiplicado por 10 respecto o ano anterior, o eixo atlántico como grande centro de operacións incendiarias, a colocación dós lumes con calculo para facer o maior dano, convertir o dispositivo antiincendios forestáis nun servizo de protección civil (polas vivendas e estradas),…
Resume con un número elevado de lumes, unha grande intensidade e calidade.
No segundo punto, fái un desglose da madeira queimada coas seguintes porcentajes: Eucaliptus glóbulus o 47%, Pinus pinaster 42,5%, Pinus radiata 3,5% e frondosas 7%.
Intervén o Director Xeral indicando que non se pode manter por máis tempo a situación actual, hái que reestructurar o territorio e en consecuencia o sector forestal.
AFG, está dacordo coa valoración oficial sobre a actividade incendiaria, discrepa sobre a estimación da madeira afectada.
Clúster, dín que agora non é o momento de falar sobre o dispositivo contra incendios. Apoian ós propietarios forestáis. Afirman que hái que mudar o de cando arde un monte non preocupa a sociedade, tan só cando chega o lume ás casas. Estiman entre un 12 – 15 % de perdas. Ademáis, tiñan moita madeira comprada que ardéu.
Serfoga, dín que non se teñen en conta outras valoracións: gastos de mantemento, melloras, etc.
Critícan o enterarse polos medios de comunicación dás medidas da Consellaría.
Asefoga, dín que nas actuáis condicións en canto a número de incendiarios e incendios, ardería a Aquitania ou a Selva Negra.
Fearmaga, valoran ás consecuencias moi negativas para ós pequenos aserradoiros e rematantes vencellados ás comarcas que arderon.
Intervén o Conselleiro para explicar que dispoñemos de 5 millóns de metros cúbicos de madeira queimada, e que temos que chegar a acordos sobre a saída da mesma, en primeiro lugar.
Toma a palabra o representante da industria para trasladar a mesa da madeira a mensaxe de que dito sector (industria, aserradorio e rematantes), manterá ós prezos da madeira queimada como se fose verde. Apunta que ten que existir un antes e un dempóis entre ás relacións de dito sector e ós propietarios.
OGCMVMC, valora esa postura, considera que se deben acometer unha serie de accións: Axilizar ó trámite e controlar ós permisos de corta para madeira queimada, eximir do imposto de sociedades, apoio para ós cambios de cultivo en eucaliptáis donde así o soliciten ás comunidades ou que superen a terceira corta, compensacións (económicas-técnicas-traballos por admón..) para ás comunidades que teñan madeira verde en turno de corta ou en subasta, no caso de que non interese sacala previo acordo cós propietarios. Facer os aproveitamentos da madeira queimada seguindo un protocolo: madeira de serra, puntal, ter en conta tipos de terreno (chán ou pendente), restos de corta apilados seguindo curvas de nível, non agresión coa maquinaria pesada,….
En Frouma están preocupados polos proxectos de forestación de terras agrarias, e solicitan que se anulen ós mesmos. Tamén implicar máis a sociedade na loita contra o lume.
Fearmaga está dacordo coa proposta da OGCMVMC.
Afg, comenta que ós propietarios estamos a sofrir unha crise anímica, por ver destrozado o séu patrimonio forestal.
Solicitan un plano de actuación local ou comarcal para a prevención de incendios, donde cada veciño saiba o que tén que facer no caso de lume.
Tamén propón axudas para a adquisición de asteladoras.
Promagal, critícan o Decreto de prevención contra incendios, indicando que resulta imposible ter o monte nás condicións que sinala o mesmo. Por outra banda fái unha chamada de atención sobre o mercado a baixa da madeira nós últimos anos.
Afrifoga, considera que non se pode anular o plano de xestión donde figuren programada cortas en verde. Hái que darlle saída.
Asefoga valora a decisión da industria sobre ós prezos da madeira. Sobre o _Decreto dín que non se pode aplicar o mesmo ós propietarios cando a autoestrada, oleoductos, eléctricas non cumplen.
Volta a tomar a palabra o Conselleiro para indicar que lumes houbo sempre, pero que éste ano marcóu un antes e un dempois. Pensa propoñer e consensuar: Lei de Prevención de Incendios Forestáis ( na liña do Decreto), Lei de Montes de Galiza.
Reestructurar ós servizos de loita contra ós lumes forestáis e facélo rápido ( antes do primeiro de 2007). Un dispositivo novo.
Comprométese a axilizar ós trámites dos permisos de corta.
Sobre ás axudas dí que hái que ter cautela, xa que pódese retroalimentar o problema dós lumes. É partidario de destiñar recursos públicos para deseñar o futuro.
Dialogo sobre a madeira verde. Continuidade para ós lotes de madeira adjudicados.
Como parte final da reunión, propónse a creación dun grupo de traballo reducido partindo dos integrantes da mesa da madeira, para facer un seguimento da situación e debatir ás propostas que presente cada organización. Asemade a nível provincial crearánse tamén grupos de traballo.
Compostela, 4de Setembro de 2006.