Aos medios de comunicación,co rogo da súa publicación:

 

A Federación de Administración Publica da C.I.G. quere denunciar as condicións de traballo que están a sufrir os traballadores da brigada de incendios forestais do Concello de Xinzo.

Nestes momentos ,e ademais non se estar a proporcionar os traballadores os medios de autoprotección necesarios,tales como pantalóns,luvas,botas de protección, etc.,algo que creemos dende esta Central Sindical especialmente grave despois dos feitos acaecidos no Estado Español onde morreron 11 persoas,estase dar a circunstancia de aproveitar dita brigada para facer traballos que non son en absoluto da súa competencia.

A día de hoxe estase a utilizar a estes traballadores para:

Ø     Limpeza de campos de festas e fincas particulares.

Ø     Montase e desmontase de escenarios para as festas(descargar e cargar os camións das actuacións)

Ø     Recollida de lixo.

Dende a C.I.G. Administración queremos denunciar publicamente este abuso contra uns traballadores,que por culpa da política clientelar dos Concellos gobernados polo Partido Popular,seguen a ter que pregarse as esixencias deste políticos que o único que lles importa e a explotación deste traballadores,sen pensar para nada na súa seguridade.

Esperamos que a partir de agora  se lle facilite o equipo apropiado,e se absteñan de obrigalos a facer funcións que non son as propias deles. 

Ourense,3 de Agosto de 2005

 

Confederación Intersindical Galega

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Parque de San Lázaro, 12 1º drta.

Telf. (988) 23 38 50 � Fax (988) 22 28 55

32003 OURENSE   (Galicia)