De: kikikikkikk polinomio [despertador800@hotmail.com] Enviado: martes, 20 de septiembre de 2005 1:57 Para: ogcmvmcelso@terra.es Asunto: RE: Unha pregunta hola de novo: Tiña dúbidas das dúas hectáreas de desbroce porque pareceme inxusto que se dan unha subvención para un retén de incendios teñan que facer tamén traballos de desbroce adicionais. A miña opinion é que se non hai cartos para dar maior número de subvencións para todo tipo de traballos de monte, que controlen mellor os cartos que teñen. Os operarios do retén estamos a cobrar uns 650 euros por cabeza, os capataces un pouco máis. o retén do concello (o que por certo lle dan unha subvención maior, ¿quereria sabe-lo porqué?) estan a cobrar sobre 600 euros porque hai unha empresa intermediaria que imaxino levará a metade dos cartos e a outra metade o alcalde, mentres que os outros retens de concellos cobran uns 990 euros. Outra razón da miña pregunta é que fai 4 anos tamén estiven traballando nun retén e faciamos algún traballo para a comunidade (era outra, non na que estou agora), pero eran cousas moi pequenas, para ter contentos os comuneiros. E para finalizar dicirche en resposta a túa pregunta que traballo para a comunidade de montes de Cabeiras en Arbo, Pontevedra. Un saudo, Daniel De: quintillan vallejo cquintillan@wanadoo.es Así son ou eran ás modalidades de subvencións da Xunta para a contratación de persoal para a loita contra ós lumes forestáis. Ás comunidades de montes teñen que xustificar esas superficies. Ós Concellos teñen que presentar "un resumo de actividades". Sobre ós soldos cada quén pon o que lle parece: hái quen cubre coa subvención con salarios vergoñentos, hái que pón a cantidade correspondente para salarios máis presentábeis. A miña opinión é: - Eliminación dás axudas para extinción de lumes forestáis ós concellos. - Liña de axudas para traballos preventivos (tratamentos silvícolas, rede de infraestructuras, ....) é colaboración na loita contra ós lumes a comunidades de montes veciñáis, mancomunidades de montes veciñais e particulares agrupados, por ún período mínimo de 9 meses: Febreiro-Outubro. - A extinción pura e dura debe de se abordada pola Xunta de Galiza: Equipos profesionáis de prevención-extinción, Parques Comarcáis. Programción anual. Formación... Saúdos. De: ogcmvmcelso [cmilleiro@telefonica.net] Enviado: jueves, 15 de septiembre de 2005 17:48 Para: 'kikikikkikk polinomio' Asunto: RE: Unha pregunta A Orde do 16 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común. (DOG nº59, do 29 de marzo) PODES ATOPALA premendo EN: http://agader.xunta.es/c31AyudasMaterias.jsp?idioma=g&idmateria=14 , NELA PODES VER: "-Rozarase un mínimo de 2 ha/mes por cuadrilla, durante o seu período de operatividade." Como podes ver o que te dixeron na Comunidade, por certo, cál é?, é o que di a lei. Polo que eu sei e sobre todo vin das cuadrillas dos concellos pódoche dicir: -os alcaldes úsanas para repartir favores, premiar ós bos e castigar óa malos. -úsanas tamén para facer traballos, oése que as veces particulares, nos concellos que non teñen que ver cos montes -moites veces o que fan é xoga-la partida. Espero que todo o que dis remate coas novas Autoridades. Este mensaxe tamén vai dirixido a Claudio Quintillán que pode che dicir máis cousas. Saúde e ó teu dispor: Celso Milleiro Fariñas De: kikikikkikk polinomio [mailto:despertador800@hotmail.com] Enviado el: jueves, 15 de septiembre de 2005 13:28 Para: ogcmvmcelso@terra.es Asunto: Unha pregunta Hola: Son un mozo que está a traballar nun retén de incendios durante a campaña de verán. O contrato que firmei é a través dunha comunidade de montes e para facer a nosa contratación utilizan unha subvención da Xunta de Galicia, bueno, realmente pagannos primeiro cos seus fondos e máis tarde recibirán a subvencion. A nós, dende a comunidade de montes, dixéronnos que os reténs de comunidades tiñan que realizar alguns traballos de desbroce(8 hectáreas en 4 meses) e outras actividades rurais, cousa que non ven sendo asi nos reténs de concellos, tamén subvencionados pola xunta, e inda por riba, cunha subvencion maior ca nosa. Entón e cando veñen as miñas preguntas, ¿estánnos dicindo toda a verdade dende a nosa comunidade ou estanse aproveitando do reten para que vaia facendo choios nos seus montes? E en caso de ser certo os traballos que hai que realizar para recibir a subvención, ¿por que existe esta discriminacion entre un reten de comunidade e un reten de concello a hora de recibir a subvencion, ademais de ter que facer traballos? Esperando que me poida responder as miñas preguntas ou darme algunha informacion sobre elas, reciba un saudo: Daniel -----Mensaje original-----