MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN

CASTROVE-SALNÉS

 

    Por acordo das Comunidades compoñentes da Mancomunidade van se a ter actuacións en máis de 16 Km. de pistas co obxeto de convertilas en quasi-cortalumes. Para ilo se actuará en tres metros a banda e banda da pista, despexandoa de arborado pirófilo e rozando e triturando os elementos herbéceos e de matogueira que haxa nas mesmas.

    Neste intre a obra atópase na fase de concurso entre seis empresas forestais de toda Galiza ( 3 de Pontevedra, 1 d´A Coruña, 1 de Lugo e outra d´Ourense). Espérase te-lo fallo antes do remate do mes.

    As Comunidades participantes son as seguintes:

-Combarro e San Salvador do concello de Poio

-Campañó de Pontevedra

-Curro de Barro

-San Vicente de Nogueira, San Martiño de Meis e Armenteira de Meis.

    É idea da Mancomunidade, que xa ten  mantido conversas preliminares co Xefe de Distrito, Pedro López, cando remate a campaña de incendios, ve-las posibiladades de prantación de árbores caducifolios acaídos do pais nas pistas que se teñen tratado. Tamén retomar a mesma actuación de prantación na pista forestal na parte alta do Castrove, pista que xa tivo unha actuación similar á que hoxa anunciamos noutras zonas.

    A máis dilo, tamén en colaboración co Distrito Forestal, quérese facer un Plan Integral de Defensa fronte ás Lumes Forestais. O Plan abranguiría todo o sistema de Montes do Castrove. Tratarase tamén de te-la colaboración da Universidade Galega.