Estimado dona ou cabaleiro:
Poñémonos en contacto con vostede, para informarlle da campaña de divulgación, que dende finais do ano pasado a Consellería do Medio Rural está a levar a cabo en tódolos Concellos de toda a Comunidade Galega de forma gratuíta.
A presente campaña ten como finalidade informar á poboación acerca da Prevención dos Incendios Forestais, a través da impartición de charlas por persoal técnico da Consellería. Nestas, os interesados poderán coñecer, entre outras temáticas, todo o relativo á:
- Accións de autoprotección en caso de incendio forestal e creación de franxas de seguridade nos núcleos de poboación.
- Aspectos relativos á nova normativa, a Lei de Prevención de Incendios Forestais, tales como: a Unidade de Xestión Forestal, comunicación e autorización de queimas, regulación de plantacións e repoboacións forestais, etc.
Se dende a súa asociación están interesados en recibir estas charlas, poden contactar connosco nos seguintes teléfonos: 666 497 120 (Carmen Iglesias) ou 627493 109 (Eva Loureiro). Asemade, poderán concertar a data e o lugar das mesmas.
Saúdos cordiais!